O impacto da implementaçao do sistema de avaliaçao do desempenho, na administraçao pública portuguesa (SIADAP), no âmbito do Ministério de Saúde

  1. De Moura Teixeira da Silva, Flora Mª
Dirixida por:
  1. Xosé Cajide Val Director
  2. Elisa Jato Seijas Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 23 de novembro de 2012

Tribunal:
  1. Alfonso Barca Lozano Presidente/a
  2. Elisa Teresa Zamora Rodríguez Secretaria
  3. Neves Arza Arza Vogal
  4. Antonio F. Rial Sánchez Vogal
  5. Alfonso Cid Sabucedo Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Tipo: Tese

Teseo: 336345 DIALNET

Resumo

O establecemento do Sistema Integrado de Avaliación do Desempeño (SIADAP) na Administración Pública portuguesa constitúe un instrumento estratéxico para a creación de dinámicas de cambio e reforma organizativa, de motivación profesional e de mellora no desempeño dos dirixentes e demais traballadores dos servizos públicos. O sistema busca fomentar unha cultura da avaliación e da responsabilidade, marcada pola publicación dos obxectivos e resultados obtidos en estreita articulación co ciclo de xestión, con base en parámetros de resultados e de competencias. O presente traballo consistiu en explorar e avaliar o impacto da implementación do SIADAP no ámbito do Ministerio da Saúde, co obxectivo de indagar se o coñecemento e o dominio que del posúen os dirixentes inflúe e contribúe ao desenvolvemento e implementación do sistema de avaliación do desempeño, así como á reforma administrativa no sector público. O estudo realizado permitiunos identificar a percepción dos dirixentes sobre ás consecuencias do SIADAP na actividade dos servizos da saúde, na organización do traballo, nas competencias profesionais en relación aos colaboradores e nas competencias de liderado e xestión dos dirixentes. Así mesmo, permitiunos analizar o impacto e a satisfacción que tivo a aplicación do sistema de avaliación para os dirixentes a nivel persoal, así como coñecer o nivel de satisfacción sobre a súa implementación. Os resultados obtidos indican que a pesar de que a maioría dos dirixentes evidencian non ter unha gran percepción do impacto da implementación do sistema de avaliación no ámbito das institucións do Ministerio da Saúde, sen embargo amósanse satisfeitos en relación ao desenvolvemento do SIADAP na institución que dirixen e incluso con respecto á última avaliación atribuída.