A información deportiva sobre baloncesto nos medios de comunicación españois

  1. Carlos Toural Bran
Dirixida por:
  1. Xosé López García Director
  2. Xosé Pereira Fariña Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Ano de defensa: 2013

Tribunal:
  1. Rosario de Mateo Pérez Presidente/a
  2. Francisco Campos Freire Secretario
  3. Manuel Pinto Vogal
  4. Francisco Esteve Ramírez Vogal
  5. María Luisa Otero López Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Ciencias da Comunicación

Tipo: Tese

Resumo

Esta tese de doutoramento ten a pretensión de analizar a información deportiva sobre baloncesto nos medios de comunicación xeralistas en España. O estudo da información publicada con esta temática nas páxinas dos medios de comunicación de información xeral na primeira década do século XXI será a materia prima da investigación do doutorando. Os obxectivos básicos deste traballo investigación estrutúranse en torno a dous eixos básicos: por unha banda, o doutorando pretende estudar a información deportiva como área de capital importancia no ámbito do xornalismo en particular e no da comunicación en xeral e, por outra banda, contribuír a xerar coñcemento no marco da Sociedade da Información e do Coñecemento. Algúns dos obxectivos principais son: -Analizar as características da información deportiva sobre baloncesto nos medios de comunicación impresos españois. - Estudar todos aqueles elementos dos medios impresos que contribúen a conformar a figura da información deportiva sobre baloncesto: espazo que se lle concede, fontes que se contactan, emprego de fotografías, estudo dos xéneros xornalísticos, etc. -Estudar o discurso da información deportiva sobre baloncesto como unidade creadora de significación no marco contextualizador da Sociedade da Información e o Coñecemento. De xeito globalizador, os obxectivos deste traballo de investigación que conduce á obtención do grao de doutor conflúen nunha meta común: crear un referente no estudo contemporáneo da información deportiva sobre baloncesto, parcela do ecosistema mediático que acapara boa parte da atención das audiencias de medios na actualidade -convén recordar que os xornais deportivos se sitúan entre os máis lidos en España -. A estratexia a empregar á hora de abordar esta investigación fala dun estudo evolutivo dos últimos dez anos de información deportiva sobre baloncesto nos medios de comunicación xeralistas en España para rematar cunha explicación da situación actual e coa creación dun mapa da información deportiva sobre baloncesto contemporánea. Unha vez establecidas as estratexias que se empregarán para abordar o problema da investigación, convén adiantar que algunhas das técnicas a empregar durante este traballo serán a investigación cuantitativa -recollida e catalogación dos contidos mediante base de datos, grazas á capacitación que o doutorando ten coa programación deste tipo de ferramentas coa aplicación informática Access-, investigación cualitativa -mediante a análise dos datos recollidos e o emprego de aplicacións analíticas coma o SPSS. Finalmente, o doutorando incluirá un apartado no que se deixarán patentes posibles futuras liñas de investigación e se adiantará unha ferramenta creada, ad hoc, para un futuro análise dos cibermedios e dos cibermedios especializados en información deportiva.