Marxinalismo e racionalidade en Economía

  1. Rodríguez Toimil, Abilio
Dirixida por:
  1. Manuel Jaime Barreiro Gil Director
  2. Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 19 de xullo de 2016

Tribunal:
  1. María Xosé Rodríguez Galdo Presidenta
  2. Rosa María Regueiro Ferreira Secretaria
  3. Xosé Carlos Arias Moreira Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Economía Aplicada

Tipo: Tese

Resumo

Analízase a posibilidade de integración de factores psicolóxicos en Economía a traveso da analítica marxinalista. Afírmase que a linguaxe analítica empregada limita e condiciona. Existen autores que defenden a posibilidade de integración de factores psicolóxicos mediante o marxinalismo sen especificar limitacións; outros que negan esa posibilidade. A tese defendida adopta unha perspectiva distinta: preguntarse polos factores psicolóxicos que non é posible integrar e polos motivos desa selectividade. Analízase a capacidade para incorporar factores non hedónicos a modelos condutuais e as consecuencias analíticas da súa non integración. Atópase que non tódolos factores psicolóxicos son integrables nos modelos condutuais. Como consecuencia vese afectada a capacidade explicativa dos propios modelos e o xeito no que deben ser lidos. Para comprobar a importancia dos factores non hedónicos recórrese a conceptos (o de empurrón ou “nudge”) e metodoloxías alternativas (a da aleatorización) que, podendo integrar os factores que non é quen de asimilar o marxinalismo, testemuñan as consecuencias desa taxatividade. Conclúese sobre a necesidade dunha pluralidade de métodos e de conceptos de acordo con Nancy Cartwright para quen, nas Ciencias Sociais, non existe unha metodoloxía que poida ser identificada como un “Gold Standard” subliñando ademais a vaidade resultante do excesivo rigor académico sostido polos defensores dunha única forma de facer Economía.