Teima : revista e plataformaperiodismo galego na transicion politica española

  1. Villamor Canelas, Luís Manuel
Dirixida por:
  1. Xosé López García Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 04 de marzo de 2015

Tribunal:
  1. Vicente González Radío Presidente/a
  2. Xosé Ramón Pousa Estévez Secretario
  3. María Luisa Otero López Vogal
  4. Alberto Pena Rodríguez Vogal
  5. Valentín Alejandro Martínez Fernández Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Ciencias da Comunicación

Tipo: Tese

Teseo: 380264 DIALNET

Resumo

Teima é a primeira revista de información xeral escrita en galego dende a II República. E xorde tras a morte do xeneral Franco, nunha Galicia ávida por recuperar institucionalmente a súa identidade, mais non só; nunha Galicia que precisaba medios de comunicación acordes co tránsito á democracia. Iso era o que pensaban os seus impulsores. Nesta tese estúdase a folla de ruta do semanario, singular no xornalismo galego, e faise unha análise hemerográfica e temática dos distintos números. Teima foi un lóstrego informativo e, como tal, efémero, que deixou testemuño aproximadamente en 1.300 páxinas, nas que se enfocan os problemas estruturais da Galicia dos setenta; algúns vixentes aínda hoxe, 38 anos despois. Produto da confluencia de dous proxectos que discorrían por separado nos miolos dos seus promotores, Teima nace nun contexto de significativa demanda informativa, tras a morte do ditador, e en pleno proceso de reivindicación do autogoberno de Galicia, que arelaba, cando menos, non perder o paso a respecto de Cataluña e Euskadi. Adolfo Suárez non tiña repartido o café para todos, en que concluíron as disputas a prol e en contra das autonomías. O desenfreo inicial de Manuel Fraga contra o título VIII da Constitución, que recoñecía o modelo de comunidades con nacionalidades históricas ¿que aceptou ao cabo, para abrazar anos despois o dereito á autoidentificación, que opuxo ao de autodeterminación¿ supón todo un emblema das dificultades que entrañou o proceso territorial. O proxecto Teima foi ante todo esforzo por enfocar os temas dun xeito diferente ao da prensa convencional. Para iso explotou con sentido crítico xéneros xornalísticos como a reportaxe, a crónica e a entrevista. A saída do número cero coincidiu coa aprobación polas Cortes da lei para la Reforma Política (16 de novembro de 1976). Á Constitución aínda lle quedarían dous anos. O plan empresarial de Teima, máis difuso e feble que o informativo, xunto cos choques da publicación con anunciantes de peso; non contribuíron precisamente a facer do semanario un proxecto viable. Acusou tamén as fortes tensións no seo do nacionalismo e acabou morrendo, paradoxalmente, cuns dous mil subscritores, a nove meses do seu nacemento. (Palabras chave: Teima, Transición, revista, comunicación, política)