A imaxe exterior de Galiza no século XXI
- SANTOMIL MOSQUERA, DAVID
- Rubén Camilo Lois González Director
- Xosé Manuel Santos Solla Co-director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 05 de setembro de 2011
- Josefina Gómez Mendoza Presidente/a
- Francisco Ramón Durán Villa Secretario
- David Mackenzie Vogal
- David M. Clark Vogal
- Joan Nogué Font Vogal
Tipo: Tese
Resumo
¿Cal é a visión que os foráneos teñen de Galicia?, ¿con qué elementos territoriais identifican Galicia aqueles visitantes que chegaron e chegan ao noso país?, ¿Cal é a imaxe de Galicia no estranxeiro?. A tese de doutoramento que presentamos ten como obxecto de análise a imaxe exterior de Galicia como destino turístico. A hipótese de investigación desenvólvese a partires das preguntas indicadas, defendendo que a identidade de marca que Galicia proxecta ao exterior non se corresponde coa súa imaxe de marca. Noutras palabras, significa que o que facemos como destino turístico non se corresponde co que obtemos. En primeiro lugar, debido á ausencia dun consenso entre as diferentes administracións públicas que participan na proxección da identidade de marca de Galicia. En segundo lugar, porque dita marca non é compatible coa imaxe de marca de España como destino turístico na actualidade e, finalmente, porque Galicia está inmersa nun proceso de transformación socio - territorial que modifica a súa identidade e que repercute na súa imaxe de marca, o que dificulta que ámbalas dúas coincidan. Coa finalidade de identificar a visión ou impresión que os foráneos teñen e tiveron de Galicia, así como os principais elementos e atributos asociados á súa imaxe exterior utilizamos un método de análise cualitativo baseado na percepción e na observación directa a través de enquisas e análises previas, da consulta bibliográfica e da avaliación cualitativa de Galicia como destino turístico dentro e fóra do seu ámbito territorial, a través das actuacións desenvolvidas polos diferentes actores públicos e privados que participan na promoción exterior do noso país.