Variabilidad regional de los componentes del balance hídrico

  1. Hämmerly, Rosana del Carmen
Dirixida por:
  1. Óscar Carlos Duarte Co-director
  2. Antonio Paz González Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 05 de setembro de 2017

Tribunal:
  1. Marta del Carmen Paris Presidente/a
  2. Marcos Lado Secretario/a
  3. Jorge Dafonte Dafonte Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 501158 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Actualmente para planear e xestionar o terreo é preciso o coñecemento profundo dos recursos dispoñibles, sendo a auga un dos máis importantes. Para que as demandas de auga sexan cumpridas é necesario avaliar a distribución do recurso no tempo e no espazo. O balance hídrico permite coñecer o volume de auga dispoñible ao longo do tempo. Ademais é necesaria unha rede de medicións para cubrir unha rexión, e aínda pode non ser suficiente para describir adecuadamente o sistema. Haberá, polo tanto, falta de datos que non están dispoñibles e que non poden ser obtidos por medición ou observación directa, pero que poden ser inferidos por medio de técnicas con base estatística. En Arxentina, en termos xerais, a precipitación anual diminúe de leste a oeste e de norte a sur, o que dá unha idea de como varía no espazo. Tamén existen, dependendo das rexións, períodos de choiva ou secas que indican a variabilidade temporal no ciclo anual. Ante condicións de grande variabilidade interanual de choivas, unha rede de estacións meteorolóxicas escasa e gran proporción de rexistros de curta duración, como os de Arxentina, o reto é identificar o método máis eficaz para considerar a variabilidade espazo-temporal das variables hidrolóxicas. Os métodos tradicionais, de medias aritméticas de precipitación e ponderación usando polígonos de Thiessen, foron usados durante anos para calcular a precipitación media areal para unha conca. Xorde entón, a necesidade de estudar, validar e difundir metodoloxías alternativas para estimar campos de precipitacións e evapotranspiración máis fiables e acadar mellores resultados nos balances.Usando técnicas de rexionalización e de kriging pódense obter campos de variables con distribución espacial que poden representar a súa variación no espazo. O reto é asociar estes campos coa variación no tempo e introducilos en modelos de balances. Pero cómo afectan estas variacións nos resultados dos modelos?. O obxectivo desta tese é incorporar estimacións de variabilidade das compoñentes do balance hídrico para a determinación da oferta de auga. Realizouse a modelización de cuncas en Arxentina, na “Cuenca del Plata”, usando o programa CHAC baseado no método de Témez, ademais de información hidrometeorolóxica de varios organismos nacionais de Arxentina ligados á xestión dos recursos hídricos. A modelización é mensual para un período de tempo de 40 anos, usando campos de precipitación e de evapotranspiración obtidos mediante tres métodos diferentes: o método tradicional dos polígonos de Thiessen, o método de rexionalización e técnicas de kriging. Contrastáronse os caudais observados cos simulados, mediante estas tres técnicas, en 12 concas da marxe esquerda do Río Paraná para analizar con cal delas o axuste do hidrograma observado na sección de control atende ao nivel de erro adoptado. Os resultados atopados permiten salientar a importancia de posuír datos hidrometeorolóxicos uniformemente distribuídos no espazo, recomendando unha densa rede para minimizar os erros de interpolación. Estes datos puntuais usados en técnicas de Xeoestatística, permiten xerar campos de precipitación e evapotranspiración, Nembargantes, o uso de series de tempo resulta irremplazable para a aplicación de métodos de balances. O uso de modelos de balances con datos mensuais é suficiente para o coñecemento estacional da oferta e un xeito sinxelo de cuantificalo. A oferta hídrica mensual estimada mediante balances hidrolóxicos é unha ferramenta valiosa na planificación e xestión das concas, sobre todo para a “Cuenca del Plata”, que fornece auga para usos tan variados como navegación, agricultura, gandería, humano, enerxético, industrial, pesqueiro , recreativo e como receptor de efluentes industriais e domésticos.