Invasiones biológicas en islasDinámicas, impactos y gestión
- Latorre Piñeiro, Lucía
- Asier Rodríguez Larrinaga Director
- Luis Santamaría Galdón Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 30 de setembro de 2013
- Daniel Oro de Ribas Presidente/a
- José Guitián Rivera Secretario
- Ramón C. Soriguer Escofet Vogal
- Elena Angulo Aguado Vogal
- Vicente Piorno Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Os ecosistemas insulares son particularmente vulnerables ao impacto das invasións biolóxicas, a miúdo agravadas polas complementariedades ou sinerxias das especies co-invasoras. Tras estudar o impacto contrastado de dúas especies invasoras herbívoras sobre unha especie vexetal endémica das illas baleares, no meu proxecto de tese pretendo afondar no estudo da dinámica e os efectos destes procesos invasores. Para iso estudarei por unha parte, o efecto da rata negra (Rattus rattus) sobre especies animais insulares, como depredadora sobre aves nativas da illa de Sa Dragonera (Mallorca). Por outra parte estudarei os efectos sobre a biota nativa do complexo invasor que actualmente ocupa o Parque Nacional das Illas Atlánticas (Galiza), analizando paralelamente as relacións tróficas e espaciais entre as especies integrantes deste complexo: rata negra (Rattus rattus), coello europeo (Oryctolagus cuniculus), gato cimarrón (Felis catus) e visón americano (Neovison vison). Ademais de avaliar o impacto destas especies sobre a biota nativa, extraerei de cada estudo recomendacións para a súa xestión. Con este fin, considerarei solucións alternativas á erradicación e avaliarei a orde e intensidade de control idóneas de cara a evitar resultados contraproducentes.