Lois Tobíovida e obra dun humanista galego e un galeguista universal

  1. Maseda Maseda, Francisco Fidel
Dirixida por:
  1. Jesús Manuel Blanco Echauri Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 23 de xullo de 2010

Tribunal:
  1. Ramón Villares Paz Presidente
  2. Xosé Luis Barreiro Barreiro Secretario/a
  3. Julio Prada Rodríguez Vogal
  4. Jesús de Juana López Vogal
  5. Fernando Bouza Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Filosofía e Antropoloxía

Tipo: Tese

Teseo: 304645 DIALNET

Resumo

Lois Tobío: vida e obra dun humanista galego e un galeguista universal. O propósito da miña tese e os contidos básicos delas, xirarían en torno a achega a figura de Lois Tobío, un Tobío que para min e un guieiro, un faro, un prototipo de humanista e intelectual galeguista, de home interdisciplinar e de galego universal, plural e aberto. Un galego a cata cabal. Que buscou durante case un século de traballo fiel e impagable o mellor para Galicia, os seus homes e as súas mulleres. Xa fora mediante a participación na creación da primeira institución de carácter interdisciplinario, o Seminario de Estudios Galegos, cerne de investigadores e de publicacións que abarcaban tódolos aspectos das ciencias humanas e das artes, poñendo en boga e a altura das demais culturas da península e de fora, a cultura galega. Institución que co tempo chegará a ser a galaxia máis importante do pequeno cosmos intelectual galego. Servindo de catalizador de ideas, arelas e sentimentos a prol do desenrolo cultural galego. Chegando a converterse na empresa intelectual e científica máis notable da Galicia do século XX. E sendo un intento de romper barreiras e universalizar a cultura galega. Xa fora loitando a prol da autonomía galega, mediante a redacción do I anteproxecto de autonomía para Galicia. O primeiro desas características redactado no estado español. Ou sendo parte esencial na fundación do Partido Galeguista que incluíu grazas a Tobío entre as bases estatutarias o axioma: Galicia célula de universalidade, antiimperialismo, federalismo internacional e pacifismo. Demostrando Tobío desta maneira que o universalismo non se atopa en contradición co desenrolo das culturas nacionais, senón todo o contrario. Posto que para Lois Tobío a humanidade é un organismo completo onde cada unha das nacións é célula de universalidade. Sendo posible integrar o camiño cara a universalidade, cara o amor e a comprensión de tódolos pobos, co camiño cara o desenvolvemento das características nacionais, de cada un dos pobos que integramos a Humanidade. Xa fora manténdose leal a legalidade republicana tanto dentro do territorio español como lonxe del. Xa fora nos anos do exilio sendo parte esencial da celebración do I Congreso da emigración galega, na edición da I Historia de Galicia, na creación dun estatuario xurídico para o Consello de Galicia, un organismo que actuou coma fideicomisario da vontade autónoma do pobo galego. E que propiciou que este se equiparase cos gobernos autónomos de Catalunya e Euskadi. Ou levando a cabo tarefas de análise xornalística sobre a realidade mundial, española e galega da época, ou sobre temas históricos, literarios e artísticos. Sen esquecer a súa faceta de tradutor co cal procurou sempre verter no vilipendiado idioma galego, as obras de tantos e tantos escritores de sona mundial, como Goethe, Rilke, Baudelaire, Mann e outros. Facetas todas estas mencionadas que nos dan boa mostra da universal curiosidade e formación interdisciplinar da figura tobiana. Coñecedor do mundo rural galego labrego e mariñeiro, da axitada realidade urbana galega da época.