Wastewater treatment by anammox processa short-circuit in the natural nitrogen cycle

  1. DAPENA MORA, ANA
Dirixida por:
  1. Ramón Méndez Pampín Director
  2. José Luis Campos Gómez Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 15 de xuño de 2007

Tribunal:
  1. Iñaki Tejero Monzón Presidente/a
  2. Anuska Mosquera Corral Secretaria
  3. Elzbieta Plaza Vogal
  4. Luis Manuel Ferreira de Melo Vogal
  5. Jesús Colprim Galcerán Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Enxeñaría Química

Tipo: Tese

Teseo: 135728 DIALNET

Resumo

O presente traballo céntrase na eliminación de nitróxeno no tratamento de augas residuais mediante o proceso ANAMMOX (ANaerobic AMMonium OXidation process) como alternativa ó proceso convencional de nitrificación-desnitrificación. No proceso anammox, bacterias tipo Planctomycete combinan amonio e nitrito (como aceptor de electróns) transformándoos directamente a nitróxeno gas, en condicións anóxicas e sen emitir óxido nitroso. O proceso é autotrófico, polo que non é preciso engadir materia orgánica. O proceso anammox débese combinar cunha primeira etapa de nitrificación, na que soamente é preciso nitrificar unha parte do amonio a nitrito, supoñendo isto un menor consumo de osíxeno e de enerxía. Este proceso permitiría, polo tanto, minimizar o impacto medioambiental e os custes do proceso. Na primeira etapa da tese estudiáronse as condicións idóneas para illar e desenrolar biomasa anammox a partir dunha lama mixta de depuradora, coa fin de poder aplicar este novo proceso nas plantas nas que non se dispoña deste tipo de biomasa. Estudiouse a viabilidade de levar a cabo este proceso en reactores gaslift e SBR (Sequential Batch Reactor), así como a optimización das condicións necesarias para favorecer o crecemento de dita biomasa. A continuación analizouse a operabilidade de reactores anammox. Para iso levouse a cabo un estudio da estabilidade a longo prazo da operación do proceso anammox nun reactor SBR e nun reactor gaslift. Observáronse episodios ocasionais de flotación da biomasa que se trataron de contrarrestar nunha segunda parte do estudio, desenrolando unha estratexia baseada nunha nova distribución do ciclo de operación do SBR coa introducción dun período adicional de mestura. Desta forma conseguiuse aumentar a concentración de biomasa no sistema ao diminuír a concentración de sólidos no efluente do reactor e diminuír o Índice Volumétrico de Lama (IVL). Coa fin de poder aplicar este proceso ao tratamento de