A medición da desgualdadeanálise da situación galega no marco do estado das autonomías

  1. TROITIÑO COBAS, ANGELA
Dirixida por:
  1. José María Riobóo Almanzor Director
  2. Pilar González Murias Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Ano de defensa: 2000

Tribunal:
  1. Jesús Bernardo Pena Trapero Presidente/a
  2. Ana María Montiel Torres Secretario/a
  3. José Ramón Cancelo de la Torre Vogal
  4. Francisco Javier Martín Pliego Vogal
  5. Mercedes Tato Rodríguez Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Economía Cuantitativa

Tipo: Tese

Resumo

Esta tese estructúrase en dúas partes: i) análise do marco teórico para a medición da desigualdade e do benestar-renda e, ii) cuantificación empírica en base ós datos da EPF 1990/91 e ós do ingreso reconstruído de Pena Trapero (dir) (1996) dos ditos fenómenos no conxunto de España e por Comunidades Autónomas, adicándolle unha atención especial á Comunidade Galega. O estudio do marco teórico abórdase tanto dende un enfoque conceptual como cuantitativo. Dende o primeiro, estúdiase o papel da igualdade e os ámbitos nos que esixir esta cara á consecución dunha organización social xusta. Dende o eido cuantitativo, logo de achegar a definición de medida de desigualdade e analizar as súas propiedades, estúdiase un amplo conxunto de medidas, facendo fincapé nos seus límites e propiedades. Tamén se analizan diferentes criterios de ordenación parcial equivalentes ó de Lorenz e/ou ó de Shorrocks, e outros criterios aplicables cando os anteriores fallan. Na aplicación empírica compáranse as Comunidades en canto á desigualdade relativa, absoluta e benestar-renda, tendo en conta tres variables (gasto declarado, ingreso declarado e ingreso reconstruído) a través dun amplo conxunto de medidas (curvas e índices). Afóndase na análise da desigualdade e do benestar-renda en Galicia clasificando a poboación total segundo certas características dos fogares (tipo de fogar, tamaño do municipio,…) ou do sustentador principal (sexo, idade, nivel de estudios, condición socioeconómica, categoría socioprofesional, etc).