O partido comunista de España en Galicia1920-1968
- SANTIDRIAN ARIAS VICTOR MANUEL
- Justo G. Beramendi Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Ano de defensa: 2000
- Ramón Villares Paz Presidente
- Ramón Máiz Suárez Secretario
- Pere Anguera Nolla Vogal
- Ángel Bahamonde Magro Vogal
- Rafael Cruz Martínez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O obxectivo desta tese é coñece-la organización do Partido Comunista de España en Galicia dende a data da súa fundación, en 1920, ata a súa conversión en Partido Comunista de Galicia en 1968. Para acadar ese obxectivo, empréganse algunhas ferramentas teóricas: o chamado modelo orixinario e o concepto de institucionalización. Ese proceso de institucionalización ten unha forma característica nos partidos procedentes da Terceira Internacional: a bolxevización. Sen embargo, non podemos aplicar estas ferramentas dun modo mecánico nun estudio de carácter rexional. Ademais, nesta investigación cómpre ter moi presente que se estudia unha organización marcada polo seu carácter clandestino. O estudio está dividido en tres grandes etapas: 1. Do sovietismo á frontepopulismo (1920-1936); 2. A longa Guerra Civil (1936-1954) e 3. Dos pasos adiante, un paso atrás (1954-1968). Este último período está subdividido en dúas fases: 3.1 Os anos escuros (1954-60) e 3.2 A forza do antifranquismo (1960-1968). Cada unha desas etapas comeza cun estudio sobre a “dinámica política” (liña política, conflictos internos, etc.) para pasar, a continuación a desenvolve-lo estudio de aspectos parciais (círculo dirixente, militancia, implantación territorial, actividade sindical, os comunistas e os labregos, a muller no PCE) e a análise da relación entre o PCE e a cuestión nacional. A tese remata cun capítulo que estudia as orixes e a creación do Partido Comunista de Galicia