A ortografia e a gramatica do galego nos estudios gramaticais do seculo xix e primeiros anos do xx
- Manuel González González Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 30 de xuño de 1992
- Constantino García Presidente/a
- Rosario Álvarez Blanco Secretaria
- Manuel Taboada Cid Vogal
- Joan Veny Clar Vogal
- Ivo Castro Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Durante a segunda metade do s. XIX, coincidindo coa recuperación literaria do galego, rexístranse os primeiros intentos de describir a súa gramática, de fixar a súa ortografía e de establecer o seu corpus lexical. Tomando como base os textos lingüísticos e os que de forma tanxencial tratan temas desta natureza, este traballo trata de aproximarse ós problemas que os primeiros estudosos do galego moderno tiveron que enfrontar á hora de elaboraren un modelo ortográfico e gramatical, ós medios empregados para superalos e ás finalmente recollidas e propostas. Polo que se refire ó patrón ortográfico, tras estudar a influencia exercida pola tradición antiga e polos modelos portugués e español, o autor identifica dúas tendencias enfrontadas: unha simplificadora, que concibe a ortografía desde presupostos utilitarios, e outra erudita e de vocación elistista. Con respecto á descrición gramatical, o traballo estuda os paradigmas propostos para cada unha das "partes orationis" e a partir deles achega información sobre os criterios manexados no proceso de fixación da variedade culta. Con estes materiais o autor fornece datos sobre a lingua da época.