O artigo en francés nos seculos XIV e XVaproximación a unha historia do concepto: comportamento cos nomes propios e empregos non xenéricos do definido

  1. SANCHEZ PALOMINO, MARIA DOLORES
Dirixida por:
  1. Constantino García Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 30 de maio de 1989

Tribunal:
  1. Antón Santamarina Presidente/a
  2. Jesús Lago Garabatos Secretario/a
  3. Flor María Bango de la Campa Vogal
  4. Pedro Peira Vogal
  5. Mercedes Brea López Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 24571 DIALNET

Resumo

O estudio insírese dentro da historia da lingua francesa e consta dunha análise diacrónica sobre a evolución secular do pensamento en torno ó artigo, desde o século XVI ó XIX, e dunha análise sincrónica e exhaustiva das ocorrencias rexistradas a partir dun corpus amplo e representativo dos séculos XIV e XV, en dous aspectos concretos: o comportamento do artigo cos nomes propios e os empregos non xenéricos do definido. Na primeira parte, trátanse as seguintes cuestións: inclusión do artigo dentro das clases de palabras, funcionalidade e sistemas de artigos propostos, polémica en torno á súa utilidade e ideas arredor da transposición. Na segunda, a partir dun estudio da especificidade do mesmo nome propio, analízase de forma pormenorizada a situación en cada un dos grupos de nomes considerados como propios (antropónimos, casos de animacións, topónimos, etc.), insistindo de modo especial, dentro dos topónimos, nos nomes de países, particularmente interesantes desde o punto de vista da evolución no tempo; este estudio realízase fundamentalmente tomando como base as estruturas sintácticas. Por último, os empregos non xenéricos do definido abórdanse, a partir da presuposición existencial de unicidade, desde a perspectiva da información vehiculada e dos factores que en cada momento permiten o uso do definido: as dúas grandes divisións pasan pola diferenciación entre o influxo do contorno textual e do extratextual, distinguindo dentro de las os fenómenos anafóricos, memoriais e asociativos, fenómenos de saturación por un modificador restritivo, nomes de entes únicos e casos de influencia de contexto empírico e histórico-cultural compartido.