O Rexurdir da conciencia idiomática en Galicia(1840-1891)

  1. HERMIDA GULIAS M. CARME
Dirixida por:
  1. Antón Santamarina Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Ano de defensa: 1991

Tribunal:
  1. José Filgueira Valverde Presidente/a
  2. Xesús Alonso Montero Secretario/a
  3. Pilar Vázquez Cuesta Vogal
  4. Klaus Bochmann Vogal
  5. X. L. Méndez Ferrín Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 29162 DIALNET

Resumo

Esta tese estudia unha etapa da historia da linguística galega que ata o momento se definira como "de recuperación para o galego, despois de séculos de silencio, do ámbito da literatura escrita e do estudio filoléxico do idioma". Utilizando como fontes principais as publicacións periódicas da época fai neste traballo unha revisión do rexurdimento chegando a conclusión de que este foi un movemento reivindicativo do galego no que se pretendía a ampliación das funcións que o galego tiña asignadas na época -estaba reducido o ámbito coloquial e solicitábase o seu emprego na escrita, nos medios de comunicación, nos actos públicos, o seu ensino na escola, etc.- e a modificación da súa consideración social de ser un idioma desprezado polos seus propios falantes queriase dotalo do mesmo prestixio do que gozaba o castelan-. Na medida en que os protagonistas do rexurdimento procuraban coloca-lo idioma B (o galego) o mesmo nivel co idioma A para así aboli-lo marco diglósico, o traballo propugna a consideración do rexurdimento como o primeiro movemento que tiña como obxective a normalización lingüística do galego dentro do seu ámbito territorial.