A censura na produción fonográfica da música pop durante o franquismo

  1. Valiño García, Xavier
Dirixida por:
  1. Xosé Luis Barreiro Rivas Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 16 de decembro de 2010

Tribunal:
  1. Ramón Máiz Suárez Presidente
  2. Rubén Camilo Lois González Secretario
  3. Magí Crusells Valeta Vogal
  4. Teresa Fraile Prieto Vogal
  5. Héctor Fouce Rodríguez Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Ciencia Política e Socioloxía

Tipo: Tese

Resumo

A pesar dos numerosos estudos de investigación existentes noutros ámbitos culturais sobre a incidencia da censura franquista neles, son practicamente inexistentes os estudos que aborden dalgún xeito a súa influencia na produción fonográfica. Ademais, os que a analizaron dalgún xeito están sempre relacionados coa canción de autor e de forma tanxencial, descoidando a música pop, moito máis numerosa na súa produción, deixando precisamente de lado o discurso musical que chega a unha maior parte da poboación. Tales fenómenos sociais foron desconsiderados ata o de agora polos investigadores do campo das ciencias sociais que poderían obter de aí unha radiografía do consumo musical das clases populares, así como do proceso de recepción do discurso musical inherente a este e da influencia do elemento ideolóxico e, consecuentemente, político, a través da acción do aparato represor, na difusión e publicación de discos fonográficos no noso Estado. Polo tanto, esta tese de doutoramento ven a cubrir unha lagoa existente na investigación da censura no franquismo, a través da cal extraer os criterios, se é que os houbo nalgún momento, e as premisas que construíron o ideario e a práctica franquista, poñendo ao descuberto, por primeira vez, os documentos custodiados no Arquivo Xeral da Administración en Alcalá de Henares. Antes da consulta deses arquivos, e a partir unicamente de casos coñecidos, podíase intuír que a censura neste ámbito foi máis ríxida a finais da década dos 60 e principios dos 70. Porén, isto sería contraditorio cunha opinión bastante estendida segundo a cal nos outros espectros nos que a censura actuou, a Lei de prensa e imprenta, do 18 de marzo de 1966, promulgada baixo o mandato no Ministerio de Información e Turismo de Manuel Fraga Iribarne, significou certa apertura e relaxación sobre o estrito control dos anos previos. Precisamente nesa etapa final do réxime franquista se leva a cabo o groso da censura fonográfica, e a nosa hipótese revela como incidiu a promulgación da Lei de prensa e imprenta, supostamente "aperturista" noutros ámbitos, pero que se atopou atoparse con certos condicionantes na música popular que fixo que fose máis ríxida. Deste xeito se revela que a lexislación e a práctica administrativa endureceu o exercicio da censura nun ámbito mentres nos outros sucedía precisamente todo o contrario. Esa hipótese é a que esta investigación proba, buscando as súas causas e as circunstancias que motivaron tal contradición. Para elo baleirouse a normativa promulgada nesta materia, estudouse o funcionamento dos órganos de censura e se analizaron os expedientes produto do traballo dos censores do Ministerio, recollendo os casos de censura nos textos das cancións e nas portadas dos discos, co obxecto de fundamentar as conclusións sobre estas probas documentais.