O fanzine e a ruptura do monopolio da mensaxe. Uso dos fanzines como medios informativos e de expresión en Galicia. 1990-2005

  1. Fernández Mariño, Ramón
Dirixida por:
  1. Xosé Luis Barreiro Rivas Director
  2. Lois Álvarez Pousa Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 16 de abril de 2016

Tribunal:
  1. Xosé Manuel Rivera Otero Presidente
  2. María Luisa Otero López Secretaria
  3. Alberto Pena Rodríguez Vogal
  4. Nieves Saniger Martínez Vogal
  5. Antonio Sanjuán Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Ciencia Política e Socioloxía

Tipo: Tese

Resumo

As publicacións autoeditadas denominadas fanzines ou zines, son a expresión máis destacada do chamado xornalismo amateur ou non profesional. A libertade creativa e de opinión case sen límites e os custes case inexistentes de produción e distribución, converteron a estas publicacións en plataformas idóneas para que o público coñecese movementos como o punk, o okupa, o hardcore, o antimilitarista e o antiautoritario. Este tipo de medios axudaron tamén a identificar comunidades de xente nova que trataron de resistir o que consideraban inxusto, como o desemprego, a falta de vivenda ou o servizo militar obrigatorio. Os fanzines crearon comunidades que se autoidentificaban e autoafirmaban diante dos denominados poderes cívicos e políticos. Isto mesmo aconteceu na Galiza entre os anos 1990 e 2005, durante os gobernos autonómicos presididos por Manuel Fraga. Os fanzines deron a coñecer a especulación urbanística, o abandono mendioambiental por parte das autoridades, as alternativas ao servizo militar e a creación de circuítos para a música punk, metal e hard. Os fanzines tentaron romper coa monotonía do discurso imperante naquela época dunha Galiza normalizada e pacífica. Tamén quixeron romper coa univocidade dos medios de comunicación que naquel tempo foran acusados de altofalantes das políticas do goberno Fraga debido fundamentalmente, ás axudas recibidas do goberno autonómico. Os fanzines foron medios creados por colectivos sociais que non se vían reflectidos na prensa diaria e xeralista.