Estudio hidráulico en modelo de escalas de peixes de fenda vertical de fenda profunda aliñadasaproximación á avaliación experimental da enerxía cinética turbulenta

  1. Pena Mosquera, Luis
Dirixida por:
  1. Jerónimo Puertas Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 24 de abril de 2004

Tribunal:
  1. Diego García de Jalón de la Lastra Presidente/a
  2. Enrique Peña Secretario/a
  3. Antoni Palau Ibars Vogal
  4. José María Carlos Álvarez López Vogal
  5. Teresa Teijeiro Rodríguez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 106494 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A proliferación de obras hidráulicas transversais nos cursos fluviais galegos supón unha grave ameaza para os nosos ecosistemas acuátios, sendo os efectos negativos especialmente sensibles na icitiofauna migradora. As escalas de fenda vertical e as escalas de fenda profunda aliñadas son dispositivos de franqueo de obstáculos. A finalidade destas infraestructuras é garantir a conectividade lonxitudinal do sistema hidráulico para facilitar o paso dos migradores a través dos obstáculos existentes na rede fluvial. O estudio experimental en modelo da hidrodinámica das escalas permitiranos coñecer o funcionamento hidráulico destes dispositivos para deseñar sistemas de paso para peixes efectivos. O obxetivo desta Tese de Doutoramento é o estudio experimental en modelo da hidrodinámica destas dúas tipoloxías de escalas de peixes mediante a avaliación sistemática das variables que caracterizan o fluxo, velocidades e calados, para un amplo espectro casuístico. O coñecemento de patróns de fluxo, relacións caudal-calado, velocidades máximas, velocidades en seccións críticas como a fenda, niveis de turbulencia, disipación de enerxía por unidade de volumen contribuirá ó desenvolvemento desta importante tarefa da bioenxeñería, sendo unha das claves para manter a saúde do medio ambiente acuático continental.