Respuesta al cadmio de la microalga marina "tetraselmis suecica" (kylin) butchrelación entre tolerancia y compuestos tiólicos. Aplicación de su biomasa viva para la retirada de cadmio del medio

  1. Pérez Rama, Mónica
Dirixida por:
  1. Julio Abalde Director
  2. Enrique Torres Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 15 de decembro de 2005

Tribunal:
  1. Petia Radeva Presidente/a
  2. Bertha Guijarro-Berdiñas Secretario/a
  3. Diego Cabello Ferrer Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 134327 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O cadmio inhibe o crecemento da microalga mariña Tetraselmis suecica, sendo o seu EC50 despois de 6 días de exposición a cadmio de 7.9 mg Cd/L. Como consecuencia da exposición ó cadmio, as células de Tetraselmis suecica sintetizan compostos que presentan grupos tiol, uníndose a maior parte do metal intracelular a estos compostos. Parte de estos compostos identificáronse como fitoquelatinas. Desenvolveuse unha nova técnica de electroforesis capilar para a identificación de estos compostos tiólicos derivatizados con mBrB en mostras biolóxicas complexas. As condicions electroforéticas usadas para optimizar a separación foron: - Electrolito: 150 mM H3PO4 pH 1.60 y 2.5 % metanol (v/v). - Condiciones da electroforesis capilar: 13 kV, capilar (50 µm d.i. x 375 µm d.e) de 30 cm de lonxitude efectiva, inxección mediante presión de 50 mbar durante 17s, detección a unha lonxitude de onda de 390 nm. As condicions establecidas permiten un análise rápido, reproducible e sensible de compostos tiólicos. A síntese de fitoquelatinas é un mecanismo de defensa efectiva na resposta a cadmio pero con concentraciones do metal por debaixo dos valores da EC50. Cando a concentración de cadmio sobrepasa este valor o efecto tóxico do cadmio bloquea a síntese de fitoquelatinas, sendo o aminoácido cisteína o principal axente quelante. Sen embargo, a cisteína presenta unha capacidade baixa de quelación do metal polo que non evitaría a toxicidade provocada por concentraciones altas de cadmio. Unha segunda familia de péptidos tiólicos foi caracterizada en Tetraselmis suecica, as fitoquelatinas desgliciladas. As células de Tetraselmis suecica mostraron unha gran capacidade de extracción do cadmio. A gran resistencia de Tetraselmis suecica ó cadmio, e a sua capacidade de acumulación deste metal, fan de esta microalga unha boa candidata para poder ser utilizada nos procesos de extracción de cadmio de augas contaminadas.