FINS DO PORTAL

O Portal da Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é un sistema de información que permite explorar a estrutura do I+D+i, localizar expertos nun campo de investigación científica e acceder aos resultados da investigación que se desenvolven na Universidade de Santiago de Compostela. Acceder ao Portal, implica aceptar as condicións de uso que se expoñen a continuación.

ACCESO

O acceso aos contidos da Web, farase de acordo á política que estableza a USC.

O acceso ao sitio web é gratuíto. A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado, conforme á lei, dos contidos e servizos ofertados.

O acceso e uso do sitio web implica que o usuario acepta na súa totalidade e obrígase a cumprir por completo os termos e condicións detallados no presente aviso legal.

Cando unha persoa usuaria incumpra as advertencias legais e condicións de uso que aquí se especifican, a USC resérvase o dereito a bloquear o seu acceso e a emprender as accións legais oportunas en defensa dos seus dereitos.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC), poderá modificar, en calquera momento e sen previo aviso, a información contida no sitio web, e poderá desactivar e/ou cancelar calquera dos contidos e os servizos que a integran.

Como usuaria, toda persoa que acceda a el estará obrigada a cumprir coas seguintes obrigas:

NAVEGACIÓN COMO PERSOA USUARIA

Para acceder a algúns servizos determinados é necesaria a identificación previa como usuario/a no Portal da Investigación da USC. A identificación realízase a través do Servizo de Identidade de RedIRIS (SIR), onde deberá seleccionar a institución á que pertence e identificarse coa súa conta de usuario institucional.

PROPIEDADE INTELECTUAL E TITULARIDADE DO PORTAL

A Universidade de Santiago de Compostela é propietaria e/ou licenciataria, de toda a información contida neste Portal, do seu deseño gráfico, imaxes, bases de datos, índices, códigos fonte, marcas e logotipos, estando protexidos conforme ao disposto na Lei de propiedade intelectual, así como na Lei de marcas. A súa posta a disposición e uso, non supón, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de uso a favor do usuario/a, polo que toda reprodución, copia, distribución total ou parcial, ou, comercialización, requirirá a autorización previa e escrita da Universidade de Santiago de Compostela, reservándose a entidade, en caso de uso indebido , o dereito a exercitar cantas accións legais fosen precisas para a restitución dos danos e prexuízos causados. Así mesmo o usuario obrígase a indemnizar á entidade por calquera dano ou prexuízo que puidese ocasionar polo uso desta Web, infrinxindo estas condicións xerais e/ou a legalidade vixente.

A persoa usuaria deste sitio web poderá efectuar os actos que sexan necesarios para o acceso ao seu contido e a súa normal utilización. Non obstante non poderán efectuar os seguintes actos:

  1. Os que sexan contrarios a unha explotación normal da base ou lesionen inxustificadamente os intereses lexítimos do titular dos dereitos.
  2. Os que prexudiquen a/o titular dun dereito de autor que afecte a obras contidas na web.

Non se precisará a autorización do titular:

  1. Cando se realice unha utilización con fins persoais.
  2. Cando a utilización se realice con fins educativos ou de investigación científica sempre que se leve a efecto na medida xustificada polo obxectivo non comercial que se persiga e indicando en calquera caso a súa fonte.
  3. Cando se trate dunha utilización para fins de seguridade pública ou para os efectos dun procedemento administrativo ou xudicial.

LIGAZÓNS, BÁNERS

A inclusión nesta páxina web de ligazóns con outros portais xestionados por terceiros, ten unha finalidade meramente informativa, e non supón que a Universidade de Santiago de Compostela recomende e/ou garanta os devanditos portais, sobre os que non exerce control ningún, nin é responsable do seu contido. Se calquera usuario, entidade ou sitio web desexase establecer algún tipo de ligazón con destino ao Portal de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela, poderá dirixilo á páxina principal ou a calquera outra. A Universidade de Santiago de Compostela non ten facultade para coñecer, controlar nin aprobar toda a información, contidos, produtos ou servizos facilitados por outros sitios web que teñan establecidas ligazóns con destino a este sitio web. En consecuencia, a Universidade de Santiago de Compostela non asume ningún tipo de responsabilidade por ligazóns de terceiros dirixidas ao presente Portal de Investigación.

PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Este Portal e o seu sitio web non recompila datos de carácter persoal polo que non é aplicable a normativa de protección de datos. Para calquera consulta sobre esta materia poderá dirixirse a protecciondatos@usc.es

COOKIES

En ocasións é posible que se utilicen cookies co fin de proporcionar unha serie de contidos e/ou servizos de maneira personalizada. Unha cookie é un pequeno elemento de datos que un sitio web pode enviar ao programa de navegación Web do usuario. Á súa vez, este elemento pode almacenarse no disco duro do computador do usuario de maneira que se poida recoñecer cando regrese ao sitio web. En calquera caso, sempre existe a posibilidade de que o usuario especifique, nas preferencias do seu programa de navegación que desexa recibir un aviso antes de aceptar calquera cookie.

OUTROS DEREITOS

Queda prohibida a reprodución parcial ou total do nome ou logotipo da USC para fins non académicos ou comerciais sen consentimento expreso e escrito do seu lexítimo titular.

EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE

Tanto o acceso a este sitio web como o uso que poida facerse da información contida nel é responsabilidade exclusiva das persoas usuarias. O titular non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo, que puidese producirse no equipo da persoa usuaria como consecuencia directa ou indirecta do acceso a este sitio web. Así mesmo, a USC queda eximida de calquera responsabilidade derivada do mal funcionamento do sitio web que teña a súa orixe nunha circunstancia accidental, forza maior, traballos necesarios de mantemento ou calquera outra causa, así como de eventuais erros e inexactitudes que puidese conter o sitio web.

ACTUALIZACION DAS CONDICIÓNS DE USO

A USC resérvase o dereito a actualizar as presentes condicións de uso.