Portal da
Investigación
Investigar na USC
A USC sitúase nun lugar destacado na clasificación de produtividade da investigación das universidades españolas e europeas e ten unha posición relevante na valoración doutros indicadores como a captación de fondos para proxectos de I+D e de axudas FPI ou FPU, o número de artigos indexados no JCR ou as teses de doutoramento lidas.
A USC conta así mesmo cunha ampla rede de infraestruturas de apoio á investigación con persoal altamente cualificado que dá soporte científico-tecnolóxico a investigadores/as, grupos, centros e departamentos.
8.012
Proxectos
Álvaro Goyanes mantense en 2024 entre o persoal investigador máis influente para Web of Science
Na análise 2024 do ‘Highly Cited Researchers’, tómanse en consideración os artigos que se sitúan entre o 1% dos máis citados no seu eido entre os anos 2013 e 2023
2024-11-19
Azucena Mora recolle o premio á mellor iniciativa de investigación do Plan Nacional de Resistencia aos Antibióticos
Liderado dende o Campus Terra da USC, o proxecto combate a resistencia antimicrobiana mediante estratexias innovadoras baseadas no concepto One Health
2024-11-19
O iMATUS afianza a relación co mundo empresarial galego na xornada do Día Mundial dos Materiais
O evento, no que se tenderon pontes entre a investigación e a industria, foi valorado cun promedio de satisfacción de 9 sobre 10 polas persoas representantes das firmas
2024-11-15
Máis de 350 especialistas de 35 países profundan nos últimos achados da química orgánica sintética na ECSOC28
A International Electronic Conference on Synthetic Organic Chemistry desenvólvese en liña ata o 30 de novembro e está organizada por Julio A. Seijas Vázquez e Pilar Vázquez Tato, pertencentes ao grupo Novas Metodoloxías Sintéticas (SWT) do Campus Terra da USC
2024-11-15
Constatan a relevancia histórica da fosa do Val (Narón) tras o proceso de intervencións arqueolóxicas e forenses
O grupo HISTAGRA-CISPAC-USC traslada o luns os traballos de exhumación do Plan de memoria Democrática á fosa de Cabreira (Salvaterra do Miño)
2024-11-15
Un proxecto no que participa María José Alonso acada un dos premios CaixaResearch de Investigación en Saúde dotado cun millón de euros
A iniciativa premiada pola Fundación ”la Caixa” busca trazar unha nova estratexia terapéutica para combater as enfermidades cardíacas
2024-11-13
Entregadas as credenciais das bolsas de iniciación á investigación no Campus Terra para estudantado de grao e mestrado
O edificio CACTUS do Campus de Lugo acolleu o acto que serve de colofón a catro meses nos que preto dunha trintena de estudantes se beneficiaron dunha convocatoria para dar pulo ás liñas de especialización da sede universitaria luguesa entre a mocidade investigadora
2024-11-13
O Campus Terra desenvolverá unha ferramenta de rega de precisión que integre datos “a pé de parcela”
O grupo operativo PRERIVID do que a USC é coordinadora técnica contribuirá a crear unha viticultura máis sostible cun aforro de entre o 15 e o 20% dos recursos hídricos
2024-11-12
Abre o prazo para presentar propostas á nova edición do programa Acelerador de Transferencia da USC
Está dirixido a grupos de investigación das áreas de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura que lograran resultados con potencial no eido empresarial
2024-11-11
Mulleres á Fronte impulsa un diagnóstico sobre as eivas coas que se atopan as migrantes nas artes escénicas de Galicia
A antropóloga e profesora da Facultade de Humanidades Luzia Oca González lidera este proxecto no que se elaborou un ‘Directorio de mulleres migrantes artistas en Galicia’ e un ‘Arquivo Dixital do Batuko de Ribeira Grande de Santiago (Cabo Verde)’
2024-11-08