Fachbereich: Departamento de Matemáticas

Fakultät: Facultade de Matemáticas

Interuniversitäres Forschungszentrum: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)

Bereich: Algebra

Forschungsgruppe: Grupo de Investigación en Matemáticas

Email: manuel.ladra@usc.es

Persönliche Website: https://www.usc.es/regaca/mladra/

Doktor von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Módulos cruzados y extensiones de grupos 1984. unter der Leitung von Dr. Alfredo Rodríguez-Grandjean López-Valcárcel.

Estudei Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (USC), obtendo a Licenciatura en Matemáticas en 1978, e o Doutoramento na mesma Universidade en 1984. Toda a miña actividade académica, profesional e investigadora desenvolveuse na USC. Comecei a miña actividade docente e investigadora en 1978-79 como Profesor Axudante Doutor e Bolseiro do Plan Nacional de Formación de Persoal Investigador (FPI). Desde 2008 son Catedrático de Universidade. Impartín docencia en varios graos e másteres: Matemáticas, Física, Enxeñería Informática, Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas, Enxeñería Química, Graduado Superior en Informática e Comunicacións; másteres en Matemáticas e Profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato; e Cursos de Doutoramento nas Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña. En canto ao meu labor investigador, cabe destacar que son autor de máis dun centenar de artigos (ver MathSciNet ou zbMATH) publicados en revistas de impacto internacional. A miña investigación céntrase no estudo do álxebra homolóxica de diferentes estruturas alxébricas, e na análise tanto de estruturas alxébricas non asociativas cunha ampla conexión coa Física e a Bioloxía, como aspectos computacionais do álxebra non conmutativa. Fun Coordinador da Rede Temática Galega de Álxebra, Computación e Aplicacións, Organizador de varios seminarios e congresos internacionais, Investigador Principal de varios proxectos de investigación internacionais, nacionais e rexionais e investigador activo noutros moitos proxectos. Fun Coordinador, Investigador Principal e membro do Comité Científico da Rede Nacional de Investigación REDE EACA (RT de Cálculo Simbólico, Álxebra Computacional e Aplicacións). Fun Director de dezasete teses doutorais (dez no últimos dez anos). Fun membro do Consello Científico do Instituto de Matemáticas (IMAT) da USC, membro do equipo de investigación promotor da Comunidade de Galicia, que logrou a concesión dunha sede do Instituto Español de Matemáticas (IEMAT) para Galicia e promotor na creación do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), do que é investigador garante. Fun designado Presidente do Comité Científico do VI Encontro Ibérico de Matemáticas organizado pola RSME e a SMP. Tamén fun membro da Comisión designada pola ANEP para a selección dos investigadores Ramón e Cajal e Juan da Cierva (anos: 2008 e 2009). No meu labor de xestión académica, fun Secretario da Facultade de Matemáticas, Director do Colexio Maior Universitario Rodríguez Cadarso, Director da área de Residencia e Director do Departamento de Álxebra da Universidade de Santiago de Compostela. No labor de Extensión Universitaria cabe destacar as seguintes actividades: Presidente da Comisión de Resolución de Conflitos da USC, Membro do Consello Galego de Universidades, Coorganizador das Olimpíadas Matemáticas de Galicia e Membro do Comité Organizador e profesor de Estalmat-Galicia. Fun galardoado coa Medalla "Enrique Vidal Abascal" da Real Academia Galega de Ciencias, da sección de Matemáticas, Física e Informática, ano 2021, en recoñecemento á súa extraordinaria traxectoria científica. Colaboro como Avaliador de proxectos de I+D para a Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP), a Georgian National Science Foundation (GNSF) de Xeorxia, o Fondo para a Investigación Científica e Tecnolóxica (FONCyT) de Arxentina, o Programa FONDECYT de Chile e o Centro Nacional de Ciencia de Polonia. Colaboro como Avaliador de traballos de investigación para numerosas revistas científicas internacionais e contribúo como Revisor do Zentralblatt für Mathematik e Mathematical Reviews.