Fachbereich: Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Fakultät: Facultade de Ciencias da Educación

Institut: Instituto de Acuicultura

Bereich: Theorie und Geschichte der Erziehung

Forschungsgruppe: Pedagoxía Social e Educación Ambiental

Email: joseantonio.caride@usc.es

Doktor von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Ruralidad, educación institucional y desarrollo social en Galicia 1983. unter der Leitung von Dr. Antonio Vara Coomonte.

Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (Pedagoxía) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), con Premio Extraordinario de Doutoramento (1982-1983). Catedrático de Pedagoxía Social (Área de Teoría e Historia da Educación) da USC, desde abril de 2002; anteriormente Profesor Titular (1986-2002), Profesor Interino (1983-1986), Colaborador (1983) e Axundante (1979-1983). Profesor en máis de 30 universidades españolas e doutros países (Arxentina, Brasil, Cabo Verde, Chile, Francia, México, Portugal, Uruguai e Suíza). Director e IP do Grupo de Investigación en “Pedagoxía Social e Educación Ambiental” (SEPA-interea, GI-1447 da USC), e da Rede de Educación e Formación para a Cidadanía e a Sociedade do Coñecemento (RINEF-CISOC), ambos de Referencia Competitiva no Sistema Universitario Galego; e IP, entre 2016-2020 da Rede "Xuventude e Inclusión Social". Do 14/06/2016 ao 04/06/2018 foi "Comisionado" da USC, para o "Campus da Cidadanía" en Ciencias Sociais, Artes e Humanidades (cargo homologado a Decano). Director do Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social (1991-1997, 2013-2016); colabora con Axencias e Comités de Avaliación nacionais e internacionais: ANEP, ANECA, ACSUG, AGAUR, AQU, DEVA-AAC, ACSUCYL, UNIBASQ, ACPUA, ADISPOR e A3ES-Portugal, CNA-Chile, ANVUR-Italia, ColCiencias de Colombia, etc. (nalgúns casos como Presidente en Comisións de Avaliación, Acreditación, Verificación, Docentia, etc.), consellos científicos de revistas, etc. Desde o 01/08/2018 a01/03/2023 foi coordinador da área de Ciencias da Educación (EDU) da Axencia Estatal de Investigación (AEI). Vogal científico-investigador do pleno da Comisión Nacional de Avaliación da Actividade Investigadora (CNEAI-ANECA), desde xaneiro de 2021. Ademais, entre outros, asumiu os cargos de vicedecano, subdirector do Instituto de Ciencias da Educación, Presidente de Comisións do Claustro Universitario, etc. De 2002 a 2013 presidiu a Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (SIPS), da que é membro fundador. Premios: "Orde do Mérito" do Consello Mundial de Educación/World Council For Currículum and Instruction (2004); IX Premio José Manuel Esteve da Universidade de Málaga (2019), ao mellor artigo científico publicado en castelán en Ciencias da Educación; Insignia Fonseca da USC (2018); e "Sarmiento de Honra" (2019) da Facultade de Ciencias da Educación á súa traxectoria docente e investigadora. Autor de máis de 450 publicacións en libros e revistas, en diferentes países e idiomas, con liñas de investigación en: "tempos educativos e sociais", "Pedagoxía do Lecer-Educación", "políticas educativas e dereitos humanos", "educación e cidadanía" , “educación social e desenvolvemento comunitario”, “formación e profesionalización en Educación Social”, “Educación ambiental, desenvolvemento humano e cultura da sustentabilidade”. Membro de comités científicos e organizadores, conferenciante ou conferenciante convidado en máis de 500 congresos, encontros científicos, simposios, seminarios, etc. de ámbito nacional e internacional, celebrados en varios países, publicados en actas ou outros sistemas de difusión e transferencia de coñecemento.