Oferta científica

  • Análise cualitativo e cuantitativo do fitoplancton dulceacuícola. Incidencia da contaminación na ecoloxía e vexetación de algas dulceacuícolas e bentónicas mariñas. Monitorización do estado ecolóxico nos ríos, basado nas algas – desenvolvemento e reevaluación no ámbito da Directiva Marco da Auga en Europa e enfoques similares. Índices diatomolóxicos da calidade de augas continentais. Uso do fitoplancton no seguimento dos efectos da eutrofización en embalses.
  • Datacións dendrocronolóxicas. Identificación de mostras de madeira. Análise de aneis de crecemento: avaliación do crecemento das árbores e procesos de sucesión e dinámica forestal. Elaboración de software para uso dendrocronolóxico e análise de imaxe aplicada á anatomía.
  • Estudos de biodiversidade forestal aplicados á conservación. Análise da xerminación e da viabilidade de sementes. Caracterización de bancos de sementes edáficos. Avaliación do crecemento inicial de especies forestais. Seguimento fenolóxico.
  • Estudos de micoloxía ambiental. Análise fúnxico de solos. Determinación de fungos fitopatóxenos. Análise da diversidade anatómica das plantas. Degradación biolóxica de xacementos arqueolóxicos e monumentos.
  • Estudos florísticos. Evaluación do estado de conservación dos bosques naturais. Evaluación do biodeterioro en pedra de construccións. Uso dos liques como indicadores da contaminación atmosférica.
  • Estudos morfobiométricos de polen e esporas aplicados a taxonomía. Determinación da concentración atmosférica de polen e esporas fúnxicas cara a prevención de alerxias. Análise polínico de meles para a súa caracterización xeográfica e botánica. Historia da vexetación pretérita a través da identificación do pólen fósil en solos e xacementos arqueolóxicos. Servizo de información ambiental da calidade biolóxica do aire.
  • Liña 1
  • Liña 2
  • Liña 3
  • Liña 4
  • Liña 5
  • Liña 6
  • Liña 7: Análise de datos de sensores remotos de alta, media e baixa resolución. Rexistro e análise de imáxes RGB, 3D e multiespectrales de moi alta resolución mediante sensores sobre sistemas aéreos con pilotaxe remota (RPAS). Integración e análise de datos espaciais en Sistemas de Información Xeográfica (SIX). Integración de información ambiental na xestión da biodiversidade.