Pesca e negocio na Galicia cantábrica. De Cariño a Ribadeo entre o Catastro de Ensenada e o desestanco do sal

  1. Leal Bóveda, José María
Dirixida por:
  1. Xán Carmona Badía Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 26 de setembro de 2025

Tribunal:
  1. Alfredo Macías Vázquez Presidente/a
  2. Jesús Giráldez Rivero Secretario
  3. Margarita Vilar-Rodríguez Vogal
Departamento: Departamento de Economía Aplicada

Tipo: Tese

Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela: lock_openAcceso aberto Handle

Resumo

A Galicia cantábrica sempre foi considerada en termos pesqueiros un área menor en comparanza co Atlántico. Sen embargo, tivo sempre unha relativamente importante actividade pesqueira e comercial. A mediados do século XVIII a pesca concentrábase nas radas de Foz, San Cibrán, Viveiro e Celeiro, mentres que Ribadeo constituíase sobre todo como un porto comercial dedicado á navegación. Durante o século seguinte, os portos situados entre Cariño e Viveiro experimentaron uns procesos de transformación tanto técnica como social semellantes aos acontecidos nas Rías Baixas e no Golfo Ártabro, integrándose nos circuitos comerciais atlánticos que conectaban Cataluña co Norte de Europa, mentres que a área entre Cariño e Ribadeo mantívose virada cara ao interior e máis os portos da España cantábrica.