Mobilidade e migracións en Galicia
- María Xosé Rodríguez Galdo coord.
- María Cadaval Sampedro coord.
- Ana Belén Vázquez Eibes coord.
- Luis Domínguez Castro coord.
- Andrés Núñez González coord.
- Antía Pérez Caramés coord.
- Antía Domínguez Rodríguez coord.
Editorial: Observatorio Galego de Dinamización Demográfica ; Xunta de Galicia
Ano de publicación: 2024
Tipo: Libro
Resumo
Informe elaborado polo Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, coordinado por María Xosé Rodríguez Galdo e aprobado polo Pleno do Observatorio en decembro de 2024. O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica inicia coa publicación deste informe, Mobilidade e migracións en Galicia, a colección de monografías temáticas que o Plenario do Observatorio aprobou na sesión do 29 de novembro de 2023. Nos anteriores informes deste Observatorio sobre a situación demográfica de Galicia, de 2018 e 2023, a análise dos movementos migratorios ocupan un lugar destacado en consonancia, por unha parte, coa nosa propia historia migratoria e, de maneira particular hoxe en día, coa preocupación por afondar no seu significado no contexto dun acusado cambio poboacional e social. Propoñémonos agora detérmonos primeiramente no apuntado en anteriores informes, sinalando as interpretacións que manteñen a súa vixencia antes que proceder a unha actualización exhaustiva dos datos dispoñibles e incorporar novas perspectivas de análise, tarefa que, por outra parte, se acomete nos distintos artigos que conforman este informe. Nun segundo momento faremos a presentación das seis investigacións que foran solicitadas a especialistas no tema e que abranguen aspectos centrais dos actuais procesos migratorios en Galicia.