Utopías, identidades e outros problemas da condición cidadáun prólogo entre Tomás Mouro e Godzilla
-
1
Universidade de Santiago de Compostela
info
- María Xesús Nogueira Pereira (coord.)
- Eulalia Agrelo-Costas (coord.)
Editorial: Universidade de Santiago de Compostela
ISBN: 9788418445415
Ano de publicación: 2021
Páxinas: 9-20
Tipo: Capítulo de libro
Resumo
A cidade foi ao longo da Historia moito máis que un modo de poboamento. Foi centro de poder, de intercambio de ideas, impulsor do progreso e do coñecemento. Aínda que xa foi enxalzada desde a Idade Media, é durante a Modernidade cando se converteu en representación dos proxectos utópicos, que aspiraban a mellorar a sociedade. Porén a cidade sempre mostrou unha natureza ambigua, na que se reflectía a distancia existente entre os ideais e a realidade. A crise da Modernidade repercutiu, daquela, no xeito en que actualmente se concibe a cidade, de tal forma que hoxe en día enténdese sobre todo como un espazo problemático. Esta consideración ambivalente aféctalle tamén á idea de identidade, xa que a cidade é por esencia unha entidade dinámica e inestable, na que cada vez resulta máis difícil fixar uns trazos identitarios que favorezan a cohesión dos seus habitantes.