Boas prácticas da administración para a atención a persoas en situacións de vulnerabilidade

  1. Nogueira López, Alba dir.
  2. Quintiá Pastrana, Andrei dir.
  3. López Rey, Beatriz dir.

Editorial: Servicio de Publicaciones = Servizo de Publicacións ; Universidade de Santiago de Compostela

ISBN: 9788410142459

Ano de publicación: 2025

Tipo: Libro

Resumo

Retrasos inadmisíbeis; prestacións que non chegan ás persoas destinatarias por descoñecemento ou das que non se benefician os que máis o precisan; tráfico de citas para acceder a servizos ou oficinas administrativas; barreiras na tramitación de prestacións sociais con requisitos dirixidos a excluír a determinados colectivos (migrantes, familias monomarentais...), as patoloxías da atención administrativa a persoas en situación de vulnerabilidade son diversas e parecen estar experimentando un incremento preocupante que cuestiona a propia idea de Estado Social. Esta obra fornece de ferramentas á Administración para mellorar a atención, tramitación de procedementos e prestación de servizos, ofrecendo unha referencia práctica, rápida e respectuosa cos dereitos das persoas e a misión de servizo público.