Análisis de la accesibilidad peatonal a partir de la caracterización de caminos potenciales mediante tecnologías de captura masiva de datos
- Fernández Arango, David
- Francisco-Alberto Varela-García Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 27 de novembro de 2024
- Pedro Arias Sánchez Presidente/a
- Margarita Novales Secretario/a
- Francisco Fernández Rivera Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Analizar o desprazamento peonil en zonas urbanas é complexo polos múltiples factores implicados e a dificultade de obter datos precisos. Esta tese explora o uso de tecnoloxías LiDAR e GIS para capturar e analizar datos que permitan optimizar traxectos peonís, especialmente no ámbito escolar. O obxectivo é implementar políticas que garantan a seguridade e eficiencia destes desprazamentos dentro dunha mobilidade urbana. Ao longo dos artigos deste compendio, afóndase no uso de tecnoloxías xeográficas para obter información sobre a mobilidade urbana, comprendendo os hábitos de desprazamento e o coñecemento colectivo a través de procesos participativos. Isto inclúe a análise das rutas máis frecuentadas, os medios de transporte utilizados e a identificación de puntos perigosos. Posteriormente, preséntase unha metodoloxía para caracterizar o espazo peonil urbano utilizando datos LiDAR MLS, segmentando automaticamente nubes de puntos e xerando superficies de impedancia para crear un modelo 3D de alta resolución do espazo peonil. Finalmente, proponse un método para avaliar a mobilidade peonil nas cidades, identificando as rutas máis axeitadas e destacando a importancia de considerar obstáculos na planificación dos traxectos. Atese subliña o uso de tecnoloxías avanzadas e un enfoque multidisciplinario para mellorar a mobilidade urbana e escolar, contribuíndo a crear cidades máis sostibles e seguras, aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.