Taxonomy, Anatomy and Diversity of Marine Annelids of the Northeastern Atlantic Ocean
- Barroso Lucena, María del Puerto
- Julio Parapar Vegas Director
- Juan Moreira Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 07 de maio de 2024
- Luis Fernández Presidente/a
- María Celia Besteiro Rodríguez Secretaria
- João Miguel de Matos Nogueira Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A taxonomía dos anélidos mariños baseouse tradicionalmente en caracteres extraídos do estudo da morfoloxía externa, e só ocasionalmente en determinados aspectos da anatomía interna. Estes estudos están basados no uso de diversas técnicas de Microscopía Óptica, así como na realización de cortes histolóxicos. Nas últimas décadas, estas técnicas foron melloradas e complementadas co desenvolvemento da Microscopía Electrónica de Barrido no primeiro caso, e moi recentemente da Microtomografía Computarizada no segundo. Ademais, o desenvolvemento e xeneralización de técnicas de secuenciación xenómica molecular e a súa aplicación no estudo taxonómico proporcionaron unha visión nova e revolucionaria da diversidade animal, revelando un panorama insospeitado ata hai relativamente poucos anos. Aínda así, o coñecemento da taxonomía dos anélidos poliquetos está a ser actualmente obstaculizado por varias cuestións: especies esquecidas, especies cosmopolitas, complexos de especies e busca de novos caracteres taxonómicos. Esta Tese de Doutoramento aborda varios deles, pretendendo así ser un paso máis nesta liña de investigación que integra claramente diferentes técnicas de estudo, e céntrase en distintos grupos presentes no Océano Atlántico Nordeste.