Factores determinantes da emigración rural da poboación moza en Galicia no século XXI

  1. Toxo Asorei, Rocío
Dirigida por:
  1. Ana Isabel García Arias Directora
  2. Carlos Allones Director

Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 25 de noviembre de 2022

Tribunal:
  1. Manuel Mandianes Castro Presidente/a
  2. Mar Pérez Fra Secretaria
  3. Olga María Moreno Pérez Vocal
Departamento:
  1. Departamento de Economía Aplicada

Tipo: Tesis

Resumen

Existe un importante volume de publicacións no campo da demografía e da xeografía da poboación que abordaron diferentes aspectos vencellados á poboación de Galicia. Non obstante, bótanse en falta estudos centrados na emigración rural da poboación moza en Galicia na actualidade. Nesta tese de doutoramento, caracterízanse estas emigracións e analízase en que medida os seus factores determinantes converxen con aqueles factores destacados na literatura científica referida ás áreas rurais doutros contextos europeos. Achégase, polo tanto, un coñecemento de base útil para discernir o tipo de medidas ou accións máis axeitadas para mitigar este fenómeno social e as problemáticas asociadas no contexto galego