Screening do cyberbullying entre os adolescentes galegosAnálise descritiva e variables asociadas

  1. Pichel, Rafael
Dirixida por:
  1. Antonio Rial Boubeta Director
  2. Jesús Varela Mallou Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 17 de novembro de 2022

Tribunal:
  1. Yolanda Rodríguez Castro Presidente/a
  2. Jesús Rodríguez Rodríguez Secretario
  3. Patricia Gómez Salgado Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía

Tipo: Tese

Resumo

O bullying escolar refire a unha manifestación especialmente grave de violencia no ámbito educativo, que afecta a unha proporción significativa de nenas e nenos en todo o mundo. O emprego cada vez máis xeneralizado da Rede, contribuíron a acrecentalo problema propiciando o salto das condutas de acoso e vitimización escolar ás contornas dixitais, fenómeno coñecido como cyberbullying. Malia a preocupación social suscitada, a abordaxe científica desta nova problemática continua inmersa nunha serie de controversias conceptuais e operativas. Como resultado, atopámonos cunha gran variabilidade nas taxas de cyberbullying reportadas na literatura, así como numerosas inconsistencias que obstaculizan a comprensión do fenómeno. A liña de investigación baixo a cal se enmarca a presente tese de doutoramento, tivo como obxectivo levar a cabo unha avaliación do fenómeno do cyberbullying entre a poboación escolar galega. O compendio de traballos aquí presentados, pretende contribuír a dar resposta a algunhas das seguintes cuestións: (1) dispor de datos estimativos da magnitude do cyberbullying na comunidade galega, mediante o emprego de ferramentas de screening contrastadas e avaladas cientificamente; (2) obter novas evidencias empíricas mediante a análise descritiva das variables asociadas, e (3) estudar a relación entre o bullying escolar e o cyberbullying. Agardamos que as achegas acadadas neste traballo, poidan contribuír non só a mellorar a comprensión do fenómeno, senón tamén ó desenrolo de programas de prevención eficaces que orienten as actuacións para concienciar e combater ó cyberbullying.