Unha vella sociedade rural do interior coruñésa comarca de Ordes entre o Antigo e o Novo Réxime (séculos XVIII-XIX)

  1. Sandoval Verea, Francisco Manuel
Dirixida por:
  1. Ofelia Rey Castelao Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Ano de defensa: 2022

Tribunal:
  1. Pegerto Saavedra Presidente
  2. Rubén Castro Redondo Secretario
  3. Maria Marta Lobo de Araújo Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Historia

Tipo: Tese

Resumo

Durante o Antigo Réxime e primeiras décadas do Novo Réxime Liberal, Galicia amosa un panorama de ampla diversidade socioeconómica. Neste contexto, a comarca de Ordes preséntase como unha terra de transición entre as zonas economicamente máis desenvolvidas do litoral, dos vales prelitorais e das zonas vitícolas do interior, e as áreas máis atrasadas do interior de Lugo e Ourense. A súa climatoloxía pouco benigna limitou a variedade de cultivos dándolle especial relevancia á gandería. A estrutura demográfica aparece como pouco evolucionada e a poboación presentaba baixas densidades cun poboamento e un hábitat rural de dispersión extrema. En ausencia de núcleos de poboación concentrada, a articulación do territorio recaía nas feiras e na rede viaria. A aproximación á organización socioeconómica e ao réxime de propiedade da terra descobre unha sociedade na que a os efectivos dos estamentos privilexiados eran moi reducidos e na que as diferenzas de riqueza dentro do campesiñado eran máis acusadas que noutras zonas de Galicia. Isto reflectíase no predominio de contratos agrarios pouco favorables para o campesiñado, como o arrendo e a parzaría, con limitada presenza do foro. A polarización económica vese reflectida tanto na tipoloxía das familias como no elevado peso do servizo doméstico. Tamén parece ser a causa dos baixos índices de alfabetización, así como da precaria rede escolar que impedía o acceso da maior parte da poboación á aprendizaxe da lectura e da escritura.