O modelo cooperativo como organización que favorece a participación das mulleres na xestión empresarial e no empredemento

  1. Olveira Blanco, Ana
unter der Leitung von:
  1. María Bastida Domínguez Doktormutter

Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 22 von Juni von 2022

Gericht:
  1. Carlos García-Gutiérrez Fernández Präsident/in
  2. Isabel Neira Gómez Sekretärin
  3. Rafael Chaves Ávila Vocal
Fachbereiche:
  1. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización

Art: Dissertation

Zusammenfassung

Esta investigación ten como obxecto abordar dous ámbitos de estudo: (1) o marco da Economía Social (ES) como obxecto das políticas públicas, e (2) a análise do emprendemento cooperativo como catalizador da igualdade de xénero. Esta dualidade de enfoque permite facer contribucións teóricas e prácticas en ambos eixos, ademais de axudar a comprobar empiricamente algúns plantexamentos teóricos previos. No primeiro bloque mostra como resultado que Galicia conta cun ecosistema propio de políticas públicas para fomento e apoio da ES formado por tres eixos: legal, social e orzamentario. Entre os instrumentos existentes destaca a Rede Eusumo pola súa lonxevidade e polo seu impacto no territorio, na poboación e no propio ecosistema de ES. A análise realizada revela igualmente unha serie de propostas que poden contribuír á súa mellora. No eido do emprendemento cooperativo, identifícanse os factores de motivación que levan ás persoas a achegarse a esta fórmula societaria. Estes, froito da análise exploratoria, agrúpanse en catro constructos que posteriormente son modelados dando como resultado a importancia dos principios cooperativos e a adecuación destes ás preferencias individuais como motores para o emprendemento colectivo e a creación de PEMES. Esta relación conta con unha maior intensidade no caso das mulleres.