O cancioneiro do trobador Johan Soarez Somesso. Edición crítica e estudo

  1. Santiago Gómez, Carmen de
Dirixida por:
  1. Pilar Lorenzo Gradín Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Ano de defensa: 2022

Departamento:
  1. Departamento de Filoloxía Galega

Tipo: Tese

Resumo

A tese de doutoramento que aquí se presenta ten como obxectivo principal a edición crítica da produción lírica de Johan Soares Somesso (ca. 1223-1250), conforme aos principios que sustentan a crítica textual neolachmaniana. O testemuños manuscritos, neste caso o Cancioneiro da Ajuda e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, transmiten vinte e catro cantigas de amor e unha cantiga de escarnio atribuídas a este autor. O estudo do citado corpus ofrece relevancia en dúas frontes: por unha banda, Somesso é un dos primeiros representantes do movemento trobadoresco galego-portugués e, pola outra, a súa poesía, que ofrece importantes trazos innovadores, non mereceu aínda un estudo exhaustivo. A edición do corpus textual do autor acompáñase da análisis das características poéticas e formais que perfilan a súa produción. Así mesmo, o estudo examina en detalle a documentación histórica que permite a identificación e a ancoraxe do período de actividade literaria do trobador, así como o exame da transmisión manuscrita do seu "cancioneiro". Como material complementario, a Tese contén a transcrición paleográfica e as imaxes dos códices que transmiten os textos do autor, ademais dun rimario e dun glosario dos poemas.