Sistemática, filoxenia e bioxeografía do xénero Santolina (Compositae)

  1. Carballal Vilaverde, Rodrigo
Dirixida por:
  1. Santiago Ortiz Núñez Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Ano de defensa: 2022

Departamento:
  1. Departamento de Botánica

Tipo: Tese

Resumo

O obxectivo desta tese doutoral é estudar a variabilidade morfolóxica, a taxonomía e a historia evolutiva do xénero Santolina L. (Anthemideae, Compositae), un xénero distribuído polo oeste do Mediterráneo. No traballo realízase un estudo das relacións filoxenéticas entre os taxones incluídos no xénero, e as súas relacións cos restantes xéneros da subtribo Santolininae (Anthemideae, Compositae) foron inferidas con métodos Bayesianos e de Parsimonia, a partir de secuencias dos espaciadores do ADN nuclear ribosómico, ETS (External Transcribed Spacers) e ITS (Internal Transcribed Spacers) e catro rexións non codificantes do ADN cloroplástico. Os resultados mostran que Santolina é monofilético e que a introgresión, e a aloploidización son forzas evolutivas importantes no xénero. Os resultados da análise bioxeográfica sitúan a orixe do xénero hai 9 Ma, na era Tortoniense do Mioceno, ligado ao proceso de aridificación e desecación polo peche dos estreitos bético e rifeño. A crise mesiniense e a reapertura da comunicación a través do estreito de Xibraltar, explican a diversificación dos grandes grupos do xénero e se revelan varios procesos de vicarianza. Inclúense como resultado cinco novas combinacións no xénero e o recoñecemento da singularidade de S. ascensionis e de S. villosa respecto a S. decumbens.