As series de ficción para televisióncambio e evolución nas estruturas narrativas e produtivas. O panorama galego no contorno internacional
- Francisco Negreira
- José-María Paz-Gago Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Ano de defensa: 2021
- María Rosario Lacalle Zalduendo Presidente/a
- Fernando Redondo Neira Secretario
- Magdalena Cueto Pérez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O presente traballo pretende analizar o fenómeno da escrita dramática para televisión no seu conxunto, desde a súa clasificación ata os mecanismos da súa estrutura narrativa. Así tras definirmos o obxecto de estudo, as series de televisión e as súas características fundamentais, faise un achegamento ao modelo de referencia na súa elaboración, o norteamericano, o que nos permite comprender o nacemento e transformación dos distintos formatos, así como a evolución social e demográfica do seu público obxectivo. Desta forma preténdese axudar a comprender a translación da narrativa complexa e para público adulto que se vai producir nas últimas décadas, desde o discurso cinematográfico ata o televisivo. En último lugar, analizase o fenómeno da produción de series de ficción en Galicia e explícanse as circunstancias da súa aparición, definiremos o corpus de estudo e analizaremos brevemente cada unha das producións