Modelos de produción e perfís profesionais para a infografía multimedia en medios de comunicación

  1. Vizoso, Ángel
Supervised by:
  1. Xosé López García Director
  2. Xosé Pereira Fariña Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 13 September 2021

Committee:
  1. Xosé Soengas Pérez Chair
  2. Carlos Elías Secretary
  3. Jorge Pedro Sousa Committee member
Department:
  1. Department of Communication Sciences

Type: Thesis

Abstract

A infografía xornalística é un campo en continua evolución. A aparición dos cibermedios trouxo consigo unha nova forma de representar visualmente as historias, aproveitando as características que lle son propias ao soporte web: a infografía multimedia. O obxectivo desta tese é dar conta das decisións e procedementos que dan lugar á aparición deste tipo de produtos informativos nos medios de comunicación en liña. A partires da análise en profundidade dos casos de El País, El Mundo, La Voz de Galicia e elDiario.es e do testemuño de diversos profesionais que traballan a diario con este xénero informativo é posible dar conta das principais tendencias en termos de estilo, linguaxe gráfica ou función na no relato dos cibermedios. De acordo co observado, a utilización deste xénero nas cabeceiras estudadas atópase aínda nunha fase moi inicial. Nela a dependencia dos modelos imperantes no xornalismo impreso segue moi vixentes, tanto no relativo aos ritmos de produción como na configuración dos equipos de profesionais que a fan posible. Porén, é posible advertir un certo xiro ou aproximación cara as linguaxes propias dos contextos en liña, xerando pouco a pouco produtos que lles son máis propios.