Formas e depósitos glaciares e periglaciares no Xeoparque Montañas do Courel (Galicia)

  1. Augusto Pérez Albert 1
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela
    info

    Universidade de Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela, España

    ROR https://ror.org/030eybx10

Revista:
Nemus: revista de l'Ateneu de Natura

ISSN: 1697-2694

Ano de publicación: 2021

Número: 11

Páxinas: 14-27

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Nemus: revista de l'Ateneu de Natura

Resumo

As Montañas do Courel atópanse en Galicia, no Noroeste da Península Ibérica, entre as coordenadas 42,715º N; 42,32º N e 7,023º O; 7,42º O. O seu relevo está caracterizado pola presenza dun conxunto de vales encaixados e interfluviais estreitos que se alonga practicamente de Norte a Sur. Litoloxicamente dominan as lousas, cuar-citas e calcarias con pequenos afloramentos de diabasas. Os materiais están intensamente fracturados por mor da dinámica tectónica que se puxo en marcha a partires do Cenozoico. Destacan de xeito especial as fallas de desgarro (strike slip fault) que presentan unha dirección xeral NNL-SSO. Ademais, óllanse outros sistemas de fracturas que levan direccións NO-SL ou O-L, que fragmentaron o terreo e delimitaron un amplo conxunto de bloques con formas sigmoides que marcan o deseño xeral de moitos sectores do territorio. A rede fluvial está moi condicionada por este sistema de descontinuidades que dirixen o percorrido xeral dos vales, pero tamén, e dun xeito singular, pola litoloxía.Durante o Plistoceno recente, nunha data que está por determinar mais posiblemente vai entre máis de 40.000 anos e 11.000, o clima dominante era frío con intres de diferente temperatura e humidade. Iso provocou a remodelación de moitos sectores por mor de procesos glaciares e periglaciares. As pegadas dos primeiros que-daron marcadas en formas erosivas, caso de circos e umbrais rochosos, ou acumulativas, caso de cristas moré-nicas. Os segundos en depósitos estratificados de aba ou en espectaculares abas de bloques.