A conceptualización do amencer, do atardecer e do anoitecer en galego

  1. Álvarez de la Granja, María
Revista:
Linred - Lingüística en la red

ISSN: 1697-0780

Ano de publicación: 2020

Volume: 17

Tipo: Artigo

DOI: 10.37536/LINRED.2020.XVII.12 GOOGLE SCHOLAR

Outras publicacións en: Linred - Lingüística en la red

Resumo

O obxectivo deste traballo é analizar as diferentes maneiras de conceptualizar en lingua galega o amencer, o atardecer e o anoitecer, entendidos como procesos naturais e como períodos temporais. Con esta finalidade, conformamos un corpus de expresións tiradas sobre todo de fontes que recollen lingua oral, e estudamos, no marco da semántica cognitiva, as diferentes motivacións subxacentes ás expresións. O traballo amosa unha considerable riqueza de expresións e dominios fonte e entre estes últimos destacan, pola súa produtividade e frecuencia, o aparente movemento do sol e a presenza / ausencia de luz. Ao mesmo tempo, a análise mostra a existencia de paralelismos destacados na conceptualización do amencer e do atardecer / anoitecer.