O teatro de obxectos en Galicia entre 1970 e 2010. Estudo do proceso de emerxencia e desenvolvemento dun xénero escénico no sistema teatral galego

  1. Breijo Vidal, José manuel
Dirixida por:
  1. Carmen Becerra Suárez Co-director
  2. Manuel F. Vieites Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 11 de febreiro de 2021

Tribunal:
  1. Dolores Vilavedra Fernández Presidenta
  2. Carmen Luna Sellés Secretario/a
  3. Xaquín Núñez Sabarís Vogal

Tipo: Tese

Resumo

O uso de bonecos, monicreques e outros obxectos como elementos de significación, en moitos casos substitutos do actor e da actriz, está presente na inmensa maioría das culturas, e en todos os momentos históricos dos que temos noticias. Na tradición escénica occidental os bonecos, monicreques e outros obxectos animados forman parte do patrimonio cultural de todos os países europeos. En Galicia, Don Ramón María del Valle-Inclan no “prologo” ao Esperpento de los cuernos de Don Friolera, pon en boca de “Don Estrafalario” unha referencia ás representacións de títeres que tiñan lugar nas “ferias de Santiago el Verde, en la raia portuguesa”. Aí temos unha referencia literaria á unha tradición escénica cun forte arraigo en Portugal, pero non tan popular en Galicia. Durante a primeira metade do século XX aparece en Galicia a figura de D. José Silvent Martínez, o primeiro creador de teatro de bonecos e monicreques do que temos noticia, que deu vida a un personaxe, Barriga Verde, que se fixo moi popular. A popularidade que acadou este personaxe produciu un fenómeno metonímico polo que o propio D. José Silvent pasou a ser coñecido por Barriga Verde, e Barriga Verde pasou a ser sinónimo de teatro e mesmo do espectáculo de humor e entretemento que se ofrecía nas festas e romarías de Galicia. Bastantes anos despois a finais dos anos setenta aparece un movemento denominado teatro de “obxectos” que se foi desenvolvendo ata gañar unha considerable diversidade e riqueza, ao punto de que no período que vai de finais dos anos sesenta a principios do século XXI podemos censar máis de corenta compañías e cerca de 800 espectáculos. A finalidade desta investigación e a de realizar un estudo do proceso de desenvolvemento desta tipoloxía teatral en Galicia atendendo aos seus principais axentes, eventos e realizacións artísticas e socio- culturais, en tanto ten contribuído de forma moi notable na normalización e dinamización do uso da lingua galega, especialmente entre os máis cativos.