Retórica digitalanálise de ferramentas persuasivas em massive open online courses portugueses e espanhóis

  1. Joana Gomes
Dirixida por:
  1. Carlos Garrido Rodríguez Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Ano de defensa: 2020

Tribunal:
  1. J. Carlos Quiroga Díaz Presidente
  2. María José Corvo Sánchez Secretario/a
  3. Marcos Cánovas Méndez Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Os sucesivos avances da Computación conduciron á aparición dunha nova concepción da relación entre a tecnoloxía e o seu usuario, da cal xurdiu o concepto Captology (Fogg, 2003). Este termo é froito da redución da expresión Computer as Persuasive Technologies que supón a existencia dunha retórica de tipo tecnolóxico, e na cal se estuda a interacción ser humano-ordenador (HCI, cf. Card, Moran & Newell, 1983), nunha lóxica de persuadido-persuasor. Esta retórica de tipo tecnolóxico é parte dun campo máis amplo, o da Retórica Dixital (Lanham, 1993), que é encarada non como algo novo e disruptivo senón como unha reconfiguración da Retórica Clásica. Nese ámbito, tendo en conta un dos contextos nos que a Captology opera - Educación – e a emerxencia dos MOOC (Massive Open Online Courses, Siemens & Downes, 2008) como contornos virtuais de experiencias innovadoras de aprendizaxe, parécenos produtivo estudar o xeito no que a persuasión se constrúe nestes espazos, partindo do marco teórico de Fogg. A proposta de investigación basearase nas seguintes premisas: a) O ordenador é unha tecnoloxía conscientemente configurada para persuadir, unha tecnoloxía persuasiva que manifesta as súas capacidades de persuasión a tres niveis: como ferramenta, como media e como actor social. No primeiro caso, a persuasión está asociada ao concepto de usabilidade. No segundo, a experiencia de simulación proporcionada polo media pode ser motivadora, na medida en que permite probar relacións de causa-efecto. No último caso, o ordenador, como actor social, imprime unha dimensión humanizada á tecnoloxía. Esta sensación de humanización da máquina constrúese con recurso a pistas de orde física, lingüística, social e psicolóxica. Nesta última concepción, a interacción humano-ordenador desvanécese, parecendo dar lugar a unha relación humano-(pseudo) humano. b) O uso das tecnoloxías persuasivas é relevante no campo da Educación para motivar a iniciación dun proceso de aprendizaxe, fomentar a busca e realización dunha determinada actividade e estimular a revisión de estratexias e de respostas. c) Os Massive Online Open Courses (MOOC), como recentes modalidades tecnolóxicas deseñadas exclusivamente para o ensino, son un terreo fértil para analizar o uso das tecnoloxías persuasivas. Os MOOC xurdiron hai menos dunha década e rapidamente acolleron aceptación entre estudantes e profesores de Educación Superior. Estes cursos son exemplo de innovación educativa, así como espazos de explotación de novas prácticas pedagóxicas.