As novas tecnoloxías no ensino/aprendizaxe das colocacións en inglés

  1. Mario Cal Varela 1
  2. Francisco Javier Fernández Polo 1
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela
    info

    Universidade de Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela, España

    ROR https://ror.org/030eybx10

Revista:
Cadernos de fraseoloxía galega

ISSN: 1698-7861

Ano de publicación: 2018

Número: 20

Páxinas: 17-40

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Cadernos de fraseoloxía galega

Resumo

Neste artigo preséntanse unha serie de actividades para o ensino das “colocacións”, ou combinacións frecuentes de palabras, na aula de inglés como lingua estranxeira, nas que se empregan ferramentas da Lingüística de corpus e materiais dispoñibles na Rede. A primeira parte do traballo contén unha definición do concepto de colocación e unha breve panorámica das tendencias actuais no ensino de linguas estranxeiras e do papel que desempeñan as novas tecnoloxías. No artigo deféndese que vivimos un momento propicio para a introdución de prácticas de aprendizaxe baseadas en datos, dada a ampla variedade de dicionarios e corpus lingüísticos, a máis de ferramentas para a súa explotación dispoñibles na Rede, a miúdo de forma gratuíta. A segunda parte do artigo contén unha serie de actividades prácticas para o ensino das colocacións léxicas en inglés. En sintonía coa crecente popularidade das pedagoxías centradas no discente no contexto particular do ensino de linguas estranxeiras, as catro actividades presentadas e ilustradas nesta sección poñen a énfase no papel activo do estudante, o verdadeiro protagonista dunha aprendizaxe na que o profesor desempeña un papel de guía e de facilitador. As catro actividades están organizadas de menor a maior complexidade e, xa que logo, están previstas para estudantes con distintos niveis de madurez e distintos graos de independencia ou capacidade para asumir a responsabilidade da súa propia aprendizaxe