Ecologías de aprendizaje de los docentes universitarios de Ingeniería y Arquitectura

  1. Souto Seijo, Alba
Dirixida por:
  1. Mercedes González Sanmamed Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 01 de decembro de 2020

Tribunal:
  1. Albert Sangrá Morer Presidente/a
  2. María del Mar Lorenzo Moledo Secretaria
  3. Antonio Moreira Teixeira Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 640356 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A presente investigación céntrase en analizar as Ecoloxías de Aprendizaxe dos docentes universitarios da rama de coñecemento de Enxeñaría e Arquitectura. Este estudio levouse a cabo a través do método mixto. Para desenvolver a fase cualitativa empregouse a estratexia metodolóxica de estudo de caso. A través dunha mostraxe intencional selecciónáronse os cinco mellores docentes de Enxeñaría e Arquitectura da Universidade da Coruña. A entrevista en profundidade foi a técnica de recollida de datos elixida. A análise de contido realizado permitiu identificar as dimensións e elementos que configuran as ecoloxías destes docentes. Este achado posibilitou o deseño do cuestionario empregado na fase cuantitativa. Nesta segunda fase recorreuse a un deseño non experimental correlacional. A través dunha mostraxe por conveniencia seleccionouse unha mostra de 353 docentes universitarios españois. Mediante a análise de clases latentes identificáronse tres perfiles motivacionais. Os resultados das análises de varianza parecen corroborar que a motivación inflúe nas actividades realizadas, os recursos empregados e as interaccións establecidas, polo que se constata una relación entre as dúas dimensión das ecoloxías identificadas.