A coeducación das emocións como estratexia chave para a promoción da convivencia positivaa experiencia “EmocionadXs” do IES “Xulián Magariños” (Negreira)

  1. Aixa Permuy Martínez
  2. Begoña Cortés Ferro
Zeitschrift:
Innovación educativa

ISSN: 1130-8656

Datum der Publikation: 2017

Nummer: 27

Seiten: 91-106

Art: Artikel

DOI: 10.15304/IE.27.4333 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openOpen Access editor

Andere Publikationen in: Innovación educativa

Zusammenfassung

“EmocionadXs” (Permuy, 2013), nomea un proxecto de educación-coeducación das emocións para alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), desenvolto durante tres cursos académicos no Instituto “Xulián Magariños” de Negreira, unha pequena localidade semi rural da provincia de A Coruña. Neste artigo expóñense algúns dos resultados de dito proxecto, co fin de evidenciar os efectos da educación das emocións nas relacións de convivencia no centro. Así, apoiándose nas testemuñas de persoal docente chave, o estudo manifesta a necesidade e pertinencia de deseñar e implementar accións de carácter socioeducativo, enfocadas á promoción dun desenvolvemento emocional saudable no alumnado. A investigación confirma que a educación das emocións contribúe a crear oportunidades de aprendizaxe compartida entre a rapazada, a través de experiencias e vivencias motivadoras, emocionantes e significativas; implicando ás persoas, dun xeito explícito, no seu propio proceso de desenvolvemento, tanto persoal como grupal. Neste senso, para a creación de contextos de convivencia positiva, parece imprescindible ter presentes a dimensión emocional e social do individuo, pero tamén dos grupos. Como afirmaba Paulo Freire “a Educación non cambia o mundo, cambia ás persoas que van cambiar o mundo”. Por iso, a transformación social, cara unha cultura de paz, depende en gran medida de aprenderse como suxeito emocional e social, en interacción coas outras persoas e as súas emocionalidades; e por tanto, aprenderse como individuo pensante e sentinte, responsable da propia vida e da vida en comunidade. “EmocionadXs” (op. cit.) é unha experiencia deseñada e implementada desde o Seminario de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano (EXDEHU), do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Bibliographische Referenzen

  • Astrada, C. (1949). El existencialismo, filosofía de nuestra época. Actas del Primer Congreso Nacional de Filosofía, Argentina, tomo I. 349-358. Recuperado de http://www.filosofia.org/ aut/003/m49a0349.pdf
  • Berastegui, Y. (2016). Evaluación del desarrollo de la educación emocional en un centro educativo. (Tese doutoral). Euskal Herriko Unibersitatea/Universidad del País Vasco. Recuperado de https://addi.ehu.es/handle/10810/17917
  • Berastegui, Y. e Permuy, A. (2017). La relajación y la atención plena en el fútbol de alto rendimiento: educación de las emociones en las categorías base de la Real Sociedad de Fútbol S.A.D. (non publicado). Jornadas XIII de Educación Emocional: educación emocional en la actividad física y el deporte. (31 de marzo e 1 de abril). Barcelona.
  • Bisquerra, R. (2009). Psicopedagogía de las emociones. Madrid: Síntesis.
  • Boyatzis, R. E. (1998). Transforming Qualitative Information. California: SAGE Publications.
  • Cea, Mª A. (1997). Metodología cuantitativa: estrategias y técnicas de investigación social. Madrid: Síntesis. DOI: https://doi.org/10.2307/40183928
  • Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) (2016). Percepción de los principais problemas de España. Recuperado de http://www.cis.es/cis/export/sites/default/-Archivos/Indicadores/documentos_html/TresProblemas.html
  • Châtelet, E. du (1996). Discurso sobre la felicidad. Madrid: Cátedra.
  • De la Caba, M.A. (2000). Educación sociopersonal. Bilbao: editorial de la Euskal Herriko Unibersitatea/Universidad de País Vasco.
  • Delors, J. (1996). La educación encierra un tesoro. Informe á UNESCO da Comisión Internacional sobre a Educación para o século XXI. Madrid: Santillana-Unesco.
  • Ellis, A. e MacLaren, C. (2004). Las relaciones con los demás. Terapia del Comportamiento Emotivo Racional. Barcelona: Océano.
  • Lladó Moreno, R. (2012). El coaching educativo y la igualdad de trato. En M. J. Méndez Lois y C. Taboada Lorenzo (Coords.), Igualdade de trato: retos e respostas socioeducativas, (pp. 3945). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
  • Mora, F. (2012). ¿Qué son las emociones? En R. Bisquerra Bisquerra (Coord.), ¿Cómo educar las emociones? La inteligencia emocional en la infancia y la adolescencia. Espluges de Llobregat (Barcelona): Hospital Sant Joan de Déu. Recuperado de: http://faros.hsjdbcn.org/sites/ default/files/faros_6_cast.pdf
  • Núñez Cubero, L. y Romero López, C. (2009). Emociones, cultura y educación. Un enfoque interdisciplinar. Sevilla: Universidad de Sevilla, Secretariado de Publicaciones.
  • Pérez Escoda, N. (2016). Cuestionarios del GROP para la evaluación de la competencia emocional (CDE). En J. L. Soler, O., Aparicio, E. Díaz, E. Escolano e A. Rodríguez (Coords.), Inteligencia emocional y bienestar II. Reflexiones, experiencias profesionales e investigaciones investigaciones (pp. 690-705). Zaragoza: Ediciones Universidad San Jorge. Recuperado de http://www.ub.edu/grop/wp-content/uploads/2014/03/CUESTIONARIOS-_grop-ZARAGOZA-2015-2.pdf
  • Permuy, A. (2013). Proyecto “EmocionadXs”, coeducación das emocións en ESO. Santiago: ICEUSC/EXDEHU (non publicado).
  • Permuy, A. e Méndez, M. J. (2016). La educación emocional del cerebro patriarcal. En Actas das XII Jornadas de Educación Emocional. Educación emocional y neurociencia, celebradas en Barcelona o 11 e 12 de maio de 2016. 124-135.
  • Sartre, J. P. (2009). El existencialismo es humanismo. Barcelona: Edhasa.
  • Valdemoros, M. A.; Goicoechea, M. A. (Coords.) (2012). Educación para la convivencia. Propuestas didácticas para la promoción de valores. Madrid: Biblioteca Nueva. DOI: https://doi. org/10.18172/con.665