Desarrollo de nuevos hidrogeles para aplicaciones biomédicas

  1. Pettinelli Obreque, Natalia Andrea
Dirixida por:
  1. Luis Barral Co-director
  2. Rebeca Bouza Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 06 de xullo de 2020

Tribunal:
  1. Francisco Javier Otero Espinar Presidente
  2. Belén Montero Secretario/a
  3. Oreste Gualillo Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 629773 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Os hidroxeles son biomateriais que recibiron unha considerable atención como candidatos para un amplo rango de aplicacións biomédicas. É por isto, que o deseño de hidroxeles con características óptimas é fundamental para progresar na área de biomateriais funcionais. O obxectivo desta tese foi o desenvolvemento e a caracterización de novos hidroxeles baseados en biopolímeros para aplicacións biomédicas como liberación de fármacos, reparación de tecidos e curación de feridas. Para isto, seleccionáronse polímeros sintéticos e naturais para a preparación de hidroxeles interpenetrados e semi- interpenetrados, hidroxeles compostos incorporando micropartículas e hidroxeles físicos. En primeiro lugar, obtivéronse hidroxeles mediante o encapsulamento de quitosano, pectina ou κ- carragenina en hidroxeles a base de metacrilato para mellorar as súas propiedades mecánicas e de inchamento. En segundo lugar, preparouse un hidroxel composto en base a micropartículas de poli(hidroxibutirato- co- hidroxivalerato) cargadas nun hidroxel de κ- carragenina e goma de algarrobo como vehículo de administración dual de fármacos pouco solubles en auga. Finalmente, preparouse un hidroxel inxectable que combina iota e kappa carrageninas, goma de algarrobo e xelatina, o cal podería ser útil na cicatrización de feridas e a reparación de tecidos. Así, a combinación de polímeros de distinto orixe e o emprego de diferentes métodos de preparación e tipos de entrecruzamento permitiu obter hidroxeles coas propiedades axeitadas para un potencial uso en determinadas aplicacións, como a liberación de fármacos, a reparación de tecidos e a curación de feridas.