Metas académicas, deberes escolaresy aprendizaje en estudiantes de secundaria

  1. Regueiro, Bibiana
Dirixida por:
  1. Antonio Valle Arias Co-director
  2. José Carlos Núñez Pérez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 20 de decembro de 2018

Tribunal:
  1. Celestino Rodríguez Pérez Presidente/a
  2. Manuel Peralbo Secretario/a
  3. Leandro S. Almeida Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 577545 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Metas académicas, deberes escolares e aprendizaxe en estudantes de secundaria. O obxectivo xeral desta Tese Doutoral foi profundar na realización dos deberes escolares atendendo ao concepto multidimensional de compromiso (engagement): compromiso motivacional, cognitivo e condutual. Trátase de aspectos claves que condicionan a calidade do proceso de realización dos deberes, da aprendizaxe e do rendemento académico. Para a abordaxe deste obxectivo deseñáronse e leváronse a cabo varias investigacións empíricas, que deron lugar a seis publicacións en revistas incluídas no Journal of Citation Reports. O desenvolvemento dos estudos que compoñen esta Tese Doutoral permitíronnos extraer as seguintes conclusións: a) entre os diferentes grupos poboacionais existen diferenzas nos deberes e nos seus resultados; b) a implicación parental decrece a medida que os alumnos asisten a cursos superiores; c) deterioro progresivo en dous pilares importantes para a aprendizaxe: a motivación e a implicación; e d) os deberes son vistos como unha actividade rutineira e as súas actitudes cara a eles adoitan ser máis negativas segundo os estudantes van avanzando de curso, chegando a percibilos máis como unha imposición dos seus profesores que hai que realizar para obter unha boa nota que como unha actividade motivadora, útil e favorecedora de aprendizaxes profundas e significativa