Infección en el postoperatorio del transplante cardíacocaracterísticas epidemiológicas e implicación pronóstica

  1. Gómez López, Rocío
Dirixida por:
  1. María Generosa Crespo Leiro Director
  2. Eduardo Barge Caballero Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 11 de decembro de 2019

Tribunal:
  1. Arturo González Quintela Presidente
  2. Miguel Pérez Fontán Secretario/a
  3. Iris Paula Garrido Bravo Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 608073 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

OBXECTIVOS: Preténdese coñecer a incidencia e características da infección intrahospitalaria trala intervención do transplante cardíaco e a súa repercusión no prognostico. MÉTODOS: Realizouse un estudo observacional de 667 pacientes que recibiron un transplante cardíaco nun único centro e sobreviviron ao acto cirúrxico. Recolléronse características demográficas, clínicas, cirúrxicas e da infección. Os resultados das variables cualitativas exprésanse como porcentaxe e os das variables cuantitativas como media e DE. A infección identificouse retrospectivamente segundo o descrito na historia clínica. As variables categóricas comparáronse utilizando chi-cuadrado ou o test de Fisher, e as cuantitativas con t-Student. Os test de Kaplan-Meier e Cox empregáronse para estimar a supervivencia e a incidencia acumulada de infección. RESULTADOS: Sucederon 348 episodios de infección en 239 doentes (35.3%, 2 episodios por 100 doentes/día). Os focos máis comúns foron o respiratorio (n=115, 33%), o urinario (n=47, 13.5%), a bacteriemia (n=43, 12.1%), o intraabdominal (n=33, 9.5%) e a infección de zona cirúrxica (n=25, 7.2%). As enterobacterias (76, 21.8%), os cocos Gram positivos (58, 16.7%) e os oportunistas (69, 19.8%) foron os xermes máis habituais. Diagnosticáronse 95 sepses cunha puntuación SOFA media de 9.5±5.3. A taxa de acerto dos antimicrobianos foi 96.3%, o 13.8% con control cirúrxico asociado. Observouse máis mortalidade nos doentes infectados (15.1% Vs 10.3%), sen significación estatística (p=0.067). A supervivencia e os eventos a un año non foron significativamente diferentes entre grupos. CONCLUSIONES: As infeccións intrahospitalarias son frecuentes durante o postoperatorio do transplante cardíaco e asócianse a mal prognostico precoz, sen diferencias na morbimortalidade a un ano