O léxico do enxoval (ss. XIII-XVI). Contribución ao estudo semántico dos tecidos, vestiario e complementos na prosa documental galega

  1. Rodríguez Parada, Raquel
Dirixida por:
  1. Ernesto Xosé González Seoane Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 10 de setembro de 2019

Tribunal:
  1. Fernando Tejedo Herrero Presidente/a
  2. María Álvarez de la Granja Secretaria
  3. Alexandre Rodríguez Guerra Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Filoloxía Galega

Tipo: Tese

Resumo

Esta tese de doutoramento, O léxico do enxoval (ss. XIII-XVI). Contribución ao estudo semántico dos tecidos, vestiario e complementos na prosa documental galega, ofrece un estudo do léxico relacionado cos tecidos, o vestiario e os complementos en documentos medievais de prosa notarial en galego, encadrados entre os séculos XIII ao XVI. O eixo da investigación está constituído por un glosario de 161 entradas (330 se contamos as remisivas) dispostas alfabeticamente, que se ofrecen asociadas a algún dos cinco campos semánticos en que clasificamos as voces do noso corpus: o enxoval xeral, o vestiario, os materiais, o leito e o servizo de mesa. Analizamos a procedencia, difusión e pervivencia posterior do léxico vinculado a este ámbito da vida cotiá e ofrecemos unha análise contrastiva co portugués e o castelán. Precede ao estudo léxico unha análise da tipoloxía documental que constitúe o corpus, unhas breves achegas á historia da indumentaria e á metodoloxía empregada na realización do traballo. O corpus, de elaboración propia, está constituído por 178 documentos notariais, entre os que se atopan testamentos ou mandas testamentarias, inventarios e cartas de taxación de bens de menores. Todos son textos éditos, excepto un reconto da Catedral de Ourense, inédito, custodiado no arquivo da dita catedral, do cal ofrecemos o estudo codicolóxico, a edición crítica e o índice de topónimos e antropónimos que contén. As conclusións deste traballo permitiron analizar a orixe das voces relacionadas co ámbito estudado, afondar nos cambios semánticos que sufriron e coñecer como o uso da indumentaria, os tecidos e os complementos gardan unha estreita relación cos patróns sociais e culturais da época. Palabras chave: lexicografía medieval, lingüística diacrónica, lingüística histórica, etimoloxía, ecdótica.