O ensino de comunicación audiovisual e galicia como diversidade cultural
ISSN: 1885-6632
Ano de publicación: 2005
Número: 3-4
Páxinas: 55-62
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Estudos de comunicación
Resumo
Galicia conta cun sector audiovisual en auxe pero aínda moi desprofesionalizado. Desde o curso 2003-2004, as tres universidades galegas ofrecen estudos de Comunicación Audiovisual distribuídos en tres especialidades. Tras unha década de reivindicacións a nova titulación verá saír á rúa, en xuño deste ano 2005, a súa primeira promoción. O grao de especialización que se procura vai dirixido á formación de profesionais con habilidades específicas. Neste artigo aténdese á necesidade dunha política educativa que fomente, ademais das destrezas técnicas, o respecto pola diversidade cultural; isto é, que forme profesionais sensibilizados co fortalecemento da nosa cultura fronte á tendencia uniformizadora dos medios de comunicación de masas.