A demanda turística en Galiciao problema da concentración

  1. Martínez Roget, Fidel
  2. de Miguel Domínguez, José Carlos
Revista:
Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

ISSN: 1132-2799

Ano de publicación: 2000

Volume: 9

Número: 2

Páxinas: 91-108

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Resumo

O crecemento da actividade turística foi continuo nas últimas décadas, tanto a nivel mundial como europeo, español ou galego. Sen embargo, este crecemento non foi homoxéneo ó longo do tempo senón que houbo variacións na evolución segundo o ano ou grupo de anos considerados. A demanda turística tampouco presenta unha evolución parella se se analizan os distintos meses do ano ou as distintas áreas e zonas xeográficas. Se se fai esta análise, pódese comprobar cómo a demanda turística está localizada nuns determinados meses do ano e nunhas zonas concretas, presentándose neste caso o fenómeno da concentración, tanto temporal como espacial, da demanda turística. A concentración espacial da demanda turística pode supoñer que determinados espacios xeográficos se queden á marxe do fenómeno turístico ou, para os que si son destino turístico, unha excesiva dependencia de determinados países ou rexións emisoras de turistas. A concentración temporal da demanda turística pode ocasionar problemas de inestabilidade laboral, perda de calidade nos servicios ofrecidos, baixos niveis de profesionalización e outros trazos asociados á localización da actividade nuns poucos meses do ano.